Cantigas de Santa Maria/CCLXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXVIII


Como ha bõa dona de França, que era cega, vo a Vila-Sirga e teve y vigia, e foi logo
guarida e cobrou seu lume. E ela yndo-se pera sa terra, achou un cego que ya en
romaria a Santiago, e ela consellou-lle que fosse per Vila-Sirga e guareceria.

Como sofre mui gran coita o om' en cego seer,
assi faz gran piadade a Virgen en ll' acorrer.

E desto contar-vos quero miragre fremos' e bel
que mostrou en Vila-Sirga a Madre de Manuel,
u faz ameude muitos, que son mais doces ca mel,
pera quen en ela fia de gran sabor y aver.
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

Esto foi en aquel tenpo que a Virgen começou
a fazer en Vila-Sirga miragres, per que sãou
a muitos d' enfermidades e mortos ressocitou.
E porend' as gentes algo começavan d' i fazer,
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

E de muitas terras eran os que vian aly.
Mas ha dona de França, cega, per quant' aprendi,
roma a Santiago foi, mas av[o]ll'assy
que non sãou de sa ida que sol podesse veer.
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
ha sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
albergar mais adeante a has choças que son
preto de nosso camo, e y podemos jazer.»
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

E pois sairon da vila, muy preto daquel logar
fillou-ss' a chover mui forte, e ouveron a entrar
con coita ena eigreja, e des i ant' o altar
se deitaron. E a cega foi ssa oraçon fazer,
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

Rogando Santa Maria, a Sennor esperital,
que ss' amercasse dela e lle tolless' aquel mal,
per que ouvesse seu lume. E log' a que pod' e val
fez que foi logo guarida. E fillou-ss' a beizer
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

A Virgen Santa Maria; e outro dia fillou
seu cam', e assi yndo, un ome cego achou
que a Santiago ya; mas ela ll' aconssellou
que fosse por Vila-Sirga, se quisesse lum' aver.
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

E contou todo seu feito, como fora con romeus
muitos pera Santiago, mas pero nunca dos seus
ollos o lum' y cobrara, mas pois a Madre de Deus
llo dera en Vila-Sirga pelo seu mui gran poder.
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

O cego creeu a dona, e tan toste sse partiu
dela e foi sa carreira, tanto que ss' el espediu;
e pois foi en Vila-Sirga, fez ssa oraçon e vyu,
ca non quis Santa Maria eno sãar deter.
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

Quantos aquesto souberon todos logo manaman
loaron Santa Maria, a Sennor do bon talan,
por tan aposto miragre que fez, e tan sen affan,
como en fazer dous cegos tan agynna guarecer.
Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...