Cantigas de Santa Maria/CCLXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXVII


Como Santa Maria guardou oito almograves en ha faze[n]da que ouveron con mouros,
porque non comeron carn' en sabado.

Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren
aquele que as sas festas non guarda e en pouco ten.

E dest' un mui gran miragre demostrou Santa Maria
en dezeseis almograves que foron en azaria
aa terra que chamada ést' Algarv[e], u soya
aver gran gente de mouros que ss' en foron, e foi ben.
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Eles de Lisbõa eran, e atal preito poseron
ontre ssi que correr fossen o Algarv', e si fezeron.
E poren de ssu todos foron correr, e ouveron
d'achar un cervo no monte, mui mais gros[s]o ca de bren,
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Que punnou de fogir deles. Mas toste o acalçaron
e matárono agynna; des i logo o assaron,
e des que foi ben assado, log' a comer s'assentaron,
ca de tod' outra vianda eles non tian ren.
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Sabad' era aquel dia quand' a comer s' assentavan
daquel cervo; mas os oito que o sabado guardavan
por onrra da Virgen santa, sol de comer non penssavan
daquel cervo, mas comian pan, qual en guerra conven.
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Os outros oito disseron que da carne comerian
quanta mais dela podes[s]en e que a non leixarian,
e ben assi o fezeron; e fartos dali s' ergian
aqueles oito da carne, dizendo: «Non vai nen ven
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

De jajar en tal terra e andand' en cavalgada;
poren que quer comeremos que non leixaremos nada.»
E tan toste começaron d' andar per essa 'ncontrara,
e acharon-sse con mouros; mas a todos non proug' en.
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Ca os que y jajavan foron sãos e guaridos,
e os que comeron carne, maltreitos e mal feridos;
e macar que sse preçavan de fortes muit' e d' ardidos,
non foi tal que non dissesse: «Quen foss' og' en Santaren!»
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Ca assi como lles davan lançadas pelos costados,
per cada ha ferida sayan grandes bocados
daquel cervo que comeran; e desto maravillados
foron end' os outros oito que fezeran mellor sen
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Porque jajad' avian. Porend' os mouros venceron,
e correron depos eles e mataron e prenderon
todos con quantos lidaron, e chaga non receberon;
poren disseron: «Ai, Virgen, beita sejas, amen.»
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...

Os outros, quand' esto viron, prometeron que leixassen
d' en sabado comer carne, e que o muito guardassen
por onrra da Virgen santa, e sempre o jajassen
por tal miragre que fezo a Sennor que nos manten.
Maravillo-m' eu com' ousa a Virgen rogar per ren...