Cantigas de Santa Maria/CCLXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXVI


Como Santa Maria do Prado, que é cabo Segovia, guariu un monteiro del rei da canpãa
oue lle caeu de suso.

Quena Virgen por sennor
tever, de todo mal guarrá.

Ond' un miragre que fez
vos direi, saboroso,
en Prad' a Sennor de prez,
en un logar viçoso,
u á
Quena Virgen por sennor...

Ha sa eigrej' aly,
mui fremosa capela,
en que fez', com' aprendi,
esta que nos caudela
e dá
Quena Virgen por sennor...

Saude e salvaçon,
que deu a un monteiro
que na ssa eigreja 'nton
entrou mui deanteiro
alá
Quena Virgen por sennor...

U viu os synos estar
e foi que os tangesse,
mais un deles se britar
foi e caeu sobr' esse.
«Ahá,»
Quena Virgen por sennor...

Disseron todos, «par Deus,
mort' é sen nulla falla;
porend' a que val òs seus
mester á que lle valla
ja.
Quena Virgen por sennor...

Ca de guisa ferid'é
que non á osso são
na cabeça, a la ffe,
nen pod' andar por chão,
ca
Quena Virgen por sennor...

Mais mol' a cabeça ten
ca non é pera fole
nen manteiga; e poren,
pois que a ten tan mole,
alá
Quena Virgen por sennor...

Ant' o seu altar põer
da Virgen o vaamos.»
E foron assi fazer,
com' en verdad' achamos;
e a
Quena Virgen por sennor...

Noit[e] ant' essa Sennor
jouve tal come morto;
mai ant' a luz gran sabor
lle deu a que conforto

Quena Virgen por sennor...

Que ss' ergesse pera yr
con os outros monteiros,
e tan toste foi sentir
os ossos muit' enteiros
da
Quena Virgen por sennor...

Testa. E poren loou
muito a Groriosa,
porque en ele mostrou
sa vertude fremosa
e ssa
Quena Virgen por sennor...

Mercee que nunca fal,
de que é mui grãada;
poren de todos sen al
senpre é mui loada
e será.
Quena Virgen por sennor...