Cantigas de Santa Maria/CCLXXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXXI


Como un caveleiro vas[s]alo do demo non quis negar Santa Maria, e ela o livrou do seu
poder.

U alguen a Jhesu Cristo por seus pecados negar,
se ben fiar en ssa Madre, fará-ll' ela perdõar.

Dest' avo un miragre en França a un frances,
que non avia no reino duc nen conde nen marques
que fosse de mayor guisa, e tal astragueza pres
que quanto por ben fazia en mal xe ll' ya tornar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

El non era de mal siso nen deserrado en al,
senon que quanto fazia por ben saya-ll' a mal;
e passand' assi seu tenpo, con esta ventura tal,
de grand' algo que ouvera non ll' ouv' en ren a ficar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Poys que sse viu en pobreza, diss' un dia entre ssi:
«Mesqo desanparado, que será agora de my?
A requeza que avia, non sey por que mia perdi;
mais se a cobrar non posso, yr-m-ei algur esterrar.»
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

El estand' assi coydando, un ome ll' apareceu,
e aquel era o demo, e assi o cometeu:
«Cuidas tu no que perdische? Ja outr' ome mais perdeu
ca tu, e fez meu mandado, e fiz-llo todo cobrar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

E se tu assi fezeres, todo cho eu cobrarey.»
Diss' el: «Di-me que che faça, e logo cho eu farey.»
Diss' o demo: «Por vassalo meu t'outorga, e dar-ch-ei
mui mais ca o que perdische.» E el foy-llo outorgar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Pois que lle beijou a mão, diss' o demo: «Un amor
me farás, pois meu vassalo es: nega Nostro Sennor
e nega todos seus santos.» E fillou-xe-lle pavor
de os negar, e negó-os; tanto ll' ouv' a preegar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Despos esto disso: «Santa Maria renegarás.»
Diss' enton o cavaleiro: «Este poder nono ás
que me faças que a negue, nen tanto non me darás
que negue tan bõa dona; ante m' iria matar.»
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Diss' o demo: «Pois negaste Deus, non mi á ren que fazer
de ssa Madre non negares, mais dou-che mui grand' aver;
demais negasch' os seus santos, mais al mi ás de prometer
que non entres en eigreja.» E jurou d' i non entrar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

El anda[n]do por do demo passou a gran sazon;
e foy con el Rey de França un dia a un sermon,
e el Rei ena eigreja entrou, e el con el non
entrou e ouve vergonna de sse del assi quitar
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

A magestade de Santa Maria viu u ficou
de fora o cavaleiro, e a ssa mão levou
contra el e sinal fizo que entrass'; e espantou
s' a gente por neun ome a magestade chamar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Diss' enton el Rey: «Amigos, algun sant' entre nos á
e non entrou na eigreja, mais algur de fora 'stá.»
E fezo catar de fora quaes estavan alá,
e viron o cavaleiro soo senlleiro estar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Diss' el Rey: «Sancta Maria muy pagada de vos é,
ca a sua magestade vos chamou, que aqui sé.»
Disso el: «Mais é m' irada con dereito, a la fe,
e fez sinal que ant' ela sol non m' ousasse parar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Ca eu fiz tan mao feyto, que nunca viu ome quen
tan mao feito fezesse por algo, nen tan mal sen;
ca porque pobre tornara, vassalo torney poren
do dem', e Deus e os santos neguey por m' enrrequentar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Mais des oje mais do demo m' espeço e nego eu
el e todas suas obras e leixo quanto m' el deu,
e torno-m' a Jhesu-Cristo e outorgo-me por seu
e peço-lle que sse queira de mi peccador nenbrar.»
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Poi-lo viu el Rey queyxar-se e muy ben se repentir,
preguntou-lle se ja quando traballara en servir
a Virgen Santa Maria; e el disso: «Consintir
nunca quix ao diabo que mia fezesse negar.»
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...

Diss' enton el Rey: «Amigo, eu fui errado, par Deus,
de vos averdes pobreza en meu reyn' e ontr' os meus.»
E deu-ll' enton por herdade muy mais ca ouveran seus
avoos, e ficou rico com' ome do seu logar.
U alguen a Jhesu-Cristo por seus pecados negar...