Cantigas de Santa Maria/CCLXXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXXII


Como Santa Maria acorreu a un moço de Segobia que caeu dun sobrado mui alto, e non se
feriu porque disse: «Santa Maria, val-me.»

Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal
u dizen todos nas coitas: «ai, Santa Maria, val!»

Ca muit[o] é gran vertude e piadad' e mercee
d'acorrer sol por un vervo a quen en ela ben cree;
ca estando con seu Fillo, todo sab' e todo vee,
pero quena aqui chama sa mercee non lle fal.
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...

E daquest' un seu miragre mui fremoso contarey
que mostrou grand' en Segovi' a, com' eu en verdad' achey,
un fillo de Diag' Sanchez, [un] cavaleiro que sey
que na cidade morava e era en natural.
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...

Est' avia un seu fillo que amava mais ca ssi;
e un dia trebellando andava, com' aprendi,
encima du sobrado muit' alt', e caeu daly
de costas, cabeça juso, e foi caer ena cal.
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...

A ama que o criava foi corrend' a aquel son
do meno que caera, e o padre log' enton;
e outrossi fez a madre, que o mui de coraçon
amava mais d' outra cousa como seu fillo carnal,
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...

Coidando que morto era, e foron polo fillar.
E quando pararon mentes, virono en pe estar
trebellando e riindo, e fórono preguntar
se era ja que ferido ou [se] sse ssentia mal.
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...

Diss' el: «Non, ea en saendo chamey a Madre de Deus,
que me fillou atan toste logo enos braços seus;
ea sse aquesto non fosse, juro-vos, par San Mateus,
que todo fora desfeito quando ca, come sal.»
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...

Quand' est' oyu o padre e a madre, gran loor
deron a Santa Maria, Madre de Nostro Sennor;
e log' o moço levaron aa eigreja mayor
con muitas candeas outras e con un seu estadal.
Par Deus, muit' á gran vertude na paravla comal...