Cantigas de Santa Maria/CCLXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXXIII


Como Santa Maria de Terena sãou un clerigo da boca que se lle [torçera] mui
feramente.

Quen vai contra Santa Maria
con sobervia, faz mal a ssi.

Ca sobervia non dev' ayer
ome contra a que vencer
foi ao demo per saber
ser omildosa e fazer
per que Deus quis dela nacer;
ea d'outra guisa non querria
ser Deus ome, nen si nen si.
Quen vai contra Santa Maria...

E por esto vos contarey
un gran miragre que achey
que fez a Madre do gran Rey
en Terena, e mui ben sey
que outros y, com' apres' ey,
fez muitos e faz cada dia
aos que os van buscar y.
Quen vai contra Santa Maria...

Mui pret' un clerigo morar
fora daquel santo logar
desta Groriosa sen par;
e un dia quis p[r]eegar
en ssa eigreja e mostrar
aas gentes que «gran folia
será,» diss' el, «creed' a mi,
Quen vai contra Santa Maria...

De quantos vos fordes partir
de vossas eigrejas e ir
a Terena por y servir
nen dar do voss' e offerir;
e juro-vos eu sen mentir
que por est' escomungaria
quantos alá fossen daqui.
Quen vai contra Santa Maria...

E se per ventura aven
que en esta festa que ven
d' Agosto per vosso mal sen
fordes y per neha ren,
escomungar-vos-ei poren.»
E u esto dizer queria,
torceu-xe-ll' a boca, assi
Quen vai contra Santa Maria...

Que nulla cousa non falou
nena missa non ar cantou;
e de guisa torto ficou
que pe nen mão non mudou
per poder da que despreçou
por aquelo que dit' avia.
E foi tolleito log' aly
Quen vai contra Santa Maria...

Que u quis descomungaçon
dizer, non disse ssi nen non,
nen ar pode mostrar razon,
mais braadou come cabron.
Enton todos de coraçon
loaron muit' a que nos guia
e temérona mais des y.
Quen vai contra Santa Maria...

Mas quando ss[e] atal sentiu
que tolleit' era e sse viu
tan maltreito, ben sse partiu
daquel err' e sse repentiu,
assi que logo ben guariu;
e fez assi que todavia
deu y do seu, com' aprendi.
Quen vai contra Santa Maria...