Cantigas de Santa Maria/CCLXXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXXIX


Como Santa Maria de Tocha guariu un lavrador que andava segando en dia de San Quirez,
que se lle çerraron os punos ambos.

Pero que os outros santos a vezes prenden vingança
dos que lles erran, a Madre de Deus lles val sen dultança.

Desto direi un miragre grande que cabo Madride
fez na eigreja de Tocha a Virgen; poren m'oyde
todos mui de voontade e mercee lle pedide
que vos gaanne de seu Fillo dos peccados perdoança.
pero que os outros santos a vezes prenden vingança...

Onde foi assi un dia que un lavrador na festa
de San Quireze segava ha messe per gran sesta,
teendo sa fouç en mão e un sombreir' en sa testa,
de pallas, per que cuidava do sol aver amparança.
Pero que os outros santos a vezes prenden vingança...

E porque en aquel dia de San Quireze segava,
Deus, por onrra daquel santo, a mão con que cuidava
o mãoll' alçar de terra con ele se ll' apertava
de guisa que non podia aver ende delivrança.
Pero que os outros santos a vezes prenden vingança...

Outrossi a mão destra cona fouce apertada
foi, assi como se fosse con fort' engrud' engrudada;
e ben assi o levaron tolleito a ssa pousada
os outros. E aquel dia sol non ouveron ousança
Pero que os outros santos a vezes prenden vingança.

De segaren; mais tan toste aquel lavrador levaron
como x' estava a Tocha, e muito por el rogaron
a Virgen Santa Maria e ant' o altar choraron
dela que lle perdõasse aquela mui grand' errança
Pero que os outros santos a vezes prenden vingança...

Que fezera, e chorando el muit' e de voontade,
rogando Santa Maria que pela ssa piadade
lle valess' e non catasse aa ssa gran neicidade,
e que daquela gran coita o tirasse sen tardança.
Pero que os outros santos a vezes prenden vingança.

Pois assi ouve chorado, log' a Sennor das sennores
lle valeu, que senpr' acorre de grad' aos peccadores,
e desaprendeu-ll' as mãos e tolleu-ll' end' as doores;
Por que todos ben devemos aver en ela fiança.
Pero que os outros santos a vezes prenden vingança...