Cantigas de Santa Maria/CCXC

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXC


Esta é de loor de Santa Maria.

Maldito seja quen non loará
a que en si todas bondades á.

Maldito seja o que non loar
a que de bondades non ouve par
nen averá mentr' o mundo durar,
[ca] Deus non fez outra tal, nen fará.
Maldito seja quen non loará...

Beito seja sempr' o loador
de tan nobr' e tan onrrada Sennor,
de que naceu Deus, om' e Salvador,
ea pois gualardõado lle será.
Beito seja o que loará...

Maldito seja quen non disser ben
daquela en que non falece ren
de quant' a bondad' e a prez conven,
e esto ja mais non lle falirá.
Maldito seja quen non loará...

Beito seja quen senpre servir
a Madre de Deus, Virgen sen falir;
ea, pois [que] deste mundo se partir,
ant' o seu Fillo o presentará.
Beito seja o que loará...

Maldito seja quen ben non disser
da mellor das bõas e non quiser
aver seu amor enquanto poder,
ea por aquest' o de Deus averá.
Maldito seja quen non loará...

Beito seja o que gran prazer
á de loar tal Sennor, que aver
nos fez amor de Deus e connocer
ela que por nos todos rogará.
Beito seja o que loará...