Cantigas de Santa Maria/CCLXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXXVI


Esta é como caeu o portal sobre dous judeus que escarnecian a un ome bõo.

Tanto quer Santa Maria os que ama deffender,
que non soffr' en nulla guisa leixa-los escarnecer.

Ca, sen que lles dá sa graça con que possan fazer ben,
guarda-os nas grandes coitas que sse non perçan per ren,
e non soffre que maltreitos ar sejan nen en desden
tudos, nen outras gentes non lles possan mal dizer.
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

E mui fremoso miragre vos direi desta razon
que mostrou Santa Maria, que nunca faz se ben non,
por un ome que senpr' ya rogar-lle de coraçon
que eno seu parayso o quisesse receber.
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

Este fora da eigreja fazia eno portal
oraçon, jazend' en prezes, que o guardasse de mal
a Virgen Santa Maria, a Sennor esperital.
E jazend' assi un dia, ouve-lle de contecer
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

Que el fazendo sas prezes, un gran can per y passou
e chegou-sse muit' a ele e atal o adobou
que ouv' a leixar sas prezes; e logo sse levantou,
ca pois se sentiu maltreito non quis mais alá jazer.
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

E fillou log' ha pedra pera esse can ferir,
e viu do[u]s judeus que logo se fillaron a riir
do que o can lle fezera e muito o escamir;
e el foi e tan coitado que non soub' en que fazer.
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

Mas diss' a Santa Maria: «Ai, Sennor, destes judeus
me dá, se te praz, dereito, ca son emigos teus
que mataron a teu Fillo, que era ome e Deus
e por ti me escarnecen, como tu podes ver.»
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

Des quand' aquest' ouve dito, ao can ss' arremeteu
por dar-lle con ha pedra; mais viu de como cacu
sobr' aqueles judeus logo un portal; mas non tangeu
a outro senon a eles, que foi todos desfazer.
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...

Todos quantos esto viron deron logo gran loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor,
que tan grand' é sa bondade que senpre faz o mellor;
e o ome que vingara filloua beizer.
Tanto quer Santa Maria os que ama deffender...