Cantigas de Santa Maria/CCLXXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXXVII


Como Santa Maria de Scala, que hé a par de Jenua, livrou ha moller de mor[te] que ya
alá per mar en romaria.

O que en Santa Maria todo seu coraçon ten,
que quer que lle por mal façan, todo llo torna en ben.

E daquest' un gran miragre vos direi, se vos prouguer,
que mostrou Santa Maria por ha bõa moller
que en Genua morava; e queno logar quiser
saber: foi ena hermida de Scala, que pret' é en.
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Aquesta casada era con un ome que peor
lle queria d'outra cousa do mund', e a peccador
daquesto non se guardava; e o falsso traedor
buscou como a matasse, e fez en elo mal sen.
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Esta en Santa Maria fiava, per com' oý,
mais d'outra cousa que fosse, e avo-ll' end' assi
que a guareceu de morte, com' oyredes per mi;
e de como foi aquesto, non vos en negarei ren.
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

O marido por mata-la mostrou aquesta razon:
«Ai, moller, por Deus, vaamos ambos fazer oraçon
aa hermida de Scala per mar, ca per terra non,
e aqueste meu conssello non tennades en desden.»
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Ela creé-o e foi-sse con el a aquel logar;
mais o falsso, que avia gran sabor de a matar,
fillou-a, yndo na barca, e deitou-a eno mar.
Mas sãa a pos na riba a Sennor que nos manten.
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Quand esto viu o marido, de coraçon lle pesou
e foi logo pera ela e tan muito a rogou
que entrou con el na barca; e tan toste a fillou
e meteu-a en un saco, por que nunca sayss' en.
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

E atou-a ben no saco aquel falsso desleal
e deitou-a no mar logo, ca lle queria gran mal;
mais tan toste foi con ela a Reynna sperital,
e pos-la en salvo fora. E aque o falsso ven,
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Cuidando que era morta, e foi da barca decer
e dereit' aa hermida foi por oraçon fazer;
e quando foi aa porta, viu sa moller y seer
con seu saco ena mão, dizendo: «Non te conven
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Que oi mais comigo sejas: ca a Virgen me guariu
quando me no mar deitaste, e mia oraçon oyu
e ben eno mar mui fondo aqueste saco abryu,
ca non quis que y morresse; beita seja, amen.»
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...

Quand' esto viu o marido, aos pees lle caeu
e perdon pediu chorando por aquele que naceu
da Virgen Santa Maria; e ela o recebeu,
e ambos en romaria foron a Jerusalen.
O que en Santa Maria todo seu coraçon ten...