Cantigas de Santa Maria/CCXCII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXCII


Como el Rey Don Fernando vo en vision ao Tesoureiro de Sevilla e a Maestre Jorge que
tirassen o anel do seu dedo e o metessen no dedo da omagen de Santa Maria.

Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital,
sa lealdad' a aquele que acha sempre leal.

E de tal razon com' esta vos direi com' ha vez
a Virgen Santa Maria un mui gran miragre fez
polo bon Rei Don Fernando, que foi comprido de prez,
d' esforç' e de grãadeza e de todo ben, sen mal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

De mannas e de costumes, per quant' eu del aprendi,
nonas pod' aver rnellores outre que el ouv' en ssi;
e sobre tod' outra cousa, assi com' eu del oý,
amava Santa Maria, a Sennor que pod' e val.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Se el leal contra ela foi, tan leal a achou,
que en todo-los seus feitos atan ben o ajudou,
que quanto começar quiso e acabar, acabou;
e se ben obrou por ela, ben ll' ar pagou seu jor[nal].
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Assi que en este mundo fez-ll' acabar o que quis
e morrer onrradamente e morrendo seer fis
que a Parais' yria, ben u éste San Denis,
u veeria seu Fillo e a ela outro tal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Assi estes dous leaes lealdade fez amar,
ca el sempre a servia e a sabia loar;
e quand' alga cidade de mouros ya gãar,
ssa omagen na mezquita põya eno portal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

E ar fezo-ll' a ssa morte que polo mellor morreu
rei que en seu logar fosse, e fez per que o meteu
el Rei seu fill' en Sevilla, que Mafomete perdeu
per este Rey Don Ffernando, que é cidade cabdal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

E pois lo ouv' y metudo, segundo com' aqui diz,
muitos miragres o Fillo da Santa Emperadriz
mostrou por el senpr' e mostra, e ssa moller Beatriz
aduss' y depois seu fillo, non passand' a Muradal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Ond' avo que seu fillo, Rei Don Alfonsso, fazer
fez mui rica sepoltura que costou mui grand' aver,
feita en fegura dele, polos ossos y meter
se o achassen desfeito; mas tornou-xe-lle en al.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Ca o achou tod' enteiro e a ssa madre, ca Deus
non quis que sse desfezessen, ca ambos eran ben seus
quites, que nunca mais foron San Marcos e San Mateus,
outrossi da Santa Virgen, que do mund' é estadal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Esto [foi] quando o corpo de ssa madre fez vir
de Burgos pera Sevilla, que jaz cabo d'Alquivir,
e en ricos mõimentos os fez ambos sepelir,
obrados mui ricamente cada u a seu sinal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Depois que esto foi feito, el Rey apost' e mui ben
a omagen de seu padre fez põer como conven
de seer rei en cadeira, e que ssa espada ten...
na mão, con que deu colbe a Mafomete mortal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

O logar u a omagen del Rei Don Fernando sé
tan rico e tan frernoso e atan aposto é,
que tod' ome que o veja ben dirá, per bõa ffe,
que o ten por mui mais nobre ca sse fosse de cristal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

No dedo desta omagen metera seu fill' el Rei
u anel d'ouro con pedra mui fremosa, com' achei
por verdad'; e maravilla mui grande vos en direi
que mostrou en este feito o que naceu por Nadal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Ca o bon Rei Don Fernando se foi mostrar en vijon
a aquele que fezera o anel, e disse: «Non
quer' est' anel ter migo, mas da-lo en offreçon
aa omagen da Virgen que ten vestido cendal,
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Con que vin ben des Toledo; e logo cras manarnan
di a meu fillo que ponna esta omagen de San-
ta Maria u a ma está, ca non é de pran
guisado de seer tan alte com' ela, nen [tan] ygual.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Mas ponan-mi en gollos, e que lle den o anel,
ca dela tiv' eu o reyno e de seu Fillo mui bel,
e sõo seu quitamente, pois fui cavaleir novel
na ssa eigreja de Burgos do mõesteiro reyal.»
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Maestre Jorge avia nom' o que aquesto vyu
en sonnos; e mantenente fora do leito sayu
e foi logo a eigreja, e fez tanto que ll' abriu
o tesoureiro as portas d' our' e non d'outro metal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

E en catar a omagen avia mui gran sabor,
e viu-ll' a sortella fora do dedo, onde pavor
ouve grand' a maravilla, e diss' :«Ai, Nostro Sennor,
quen m' adubaria este anel? Soubess' ora qual
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Seria que o fezesse.» Maestre Jorge diss': «Eu,
ca eu fix aquesta obra toda e est' anel seu
del Rei.» E o tesoureiro logo o anel lle deu,
dizend': «É gran maravilla como do dedo lle sal.»
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Disse «non faz», o maestre, «mas direi, e non vos pes,
que esta noit' ei sonnado vel duas vezes ou tres.»
Enton lle contou o sonno, ben de tal guisa medes
com' a vos ei ja contado, e non foi en mentiral.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...

Enton ambos o contaron al Rey, a que proug' assaz,
des i ao arcebispo, a que con tal feito praz;
e al Rei muito loaron, Don Ffernando, porque faz
Deus mui fremosos miragres, que aos seus nunca fal.
Muito demostra a Virgen, a Sennor esperital...