Cantigas de Santa Maria/CCXCIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXCIII


Como un jograr quis remedar como siia a omagen de Santa Maria, e torçeu-se-lle a boca
e o braço.

Par Deus, muit' é gran dereito de prender gran[d]' ocajon
o que contrafazer cuida aquel de que á faiçon.

Ca, segund' escrit' achamos, Deus a fegura de ssi
fez o ome, e porende dev' amar mui mais [ca ssi]
o om' a Deus. E daquesto, segundo eu aprendi,
avo mui gran miragre, onde fiz cobras e son.
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

Esto foi en Lonbardia dun jograr remedador
que atan ben remedava, que avian en sabor
todos quantos lo viian, e davan-lle con amor
panos e selas e fros e outro muito bon don.
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

E el con sabor daquesto ja mais non fazia al
senon remedar a todos, us ben e outros mal;
mas o dem', a que criia de conssello, fez-ll' atal
remedillo fazer, onde recebeu mui gran lijon.
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

E assi foi que un dia per ha porta entrar
da vila foi, mui ben feita, e viu sobr' ela estar
ha mui bela omagen da Virgen que non á par,
tendo seu Fill' en braço. Mas non fez y oraçon,
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

Mas parou-lle muito mentes, e pois que a ben catou,
con gran sandez o astroso a rremedar-a cuidou.
Mas pesou a Jhesu-Cristo, e atal o adobou
que ben cabo da orella pos-ll' a boqu' e o grannon.
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

E o colo con o braço tan forte se ll' estorceu,
que en pees estar non pode e log' en terra caeu;
mas a gente que viu esto o fillou e o ergeu,
e correndo á eigreja o levaron de randon.
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

E teveron y vigia e rogaron muit' a Deus
que mostrasse por ssa Madre ali dos miragres seus;
e o jograr lle rogava, dizend': «Os pecados meus
son tan muitos, que aquesto mi avo con gran razon.»
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

Outro dia, quand' a missa começaron a dizer,
a Virgen Santa Maria quis dele mercee aver,
e o rosto e o brago lle fez logo correger
e tornó-o mui ben são; por que mui gran devoçon
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...

Ouveron quantos y eran, loand' a Sennor de prez,
que tan fremoso miragre assi ante todos fez.
E o bispo da cidade, que o oyu dessa vez,
vo log' aa eigreja e fez ende gran sermon.
Par Deus, muit' é gran dereito de prender grand' ocajon...