Cantigas de Santa Maria/CCXCIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXCIV


Como ha moller que jogava os dados en pulla lançou ha pedra aa omagen de Santa Maria,
porque perdera, e parou un angeo de pedra que y estava a mão e recebeu o colbe.

Non é mui gran maravilla seeren obedientes
os angeos aa Madre daquel cujos son sergentes.

Onde vos rogo, amigos, que un gran miragr' ouçades
que fezo Santa Maria en Pulla; e ben sabiades
que, des que o ben oyrdes, certo sõo que tennades
mais o coraçon en ela e sejades chus creentes.
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

Esto foi a ha festa desta Virgen groriosa,
que ant' ha ssa eigreja mui ben feita e fremosa
fillou-ss' a jogar os dados ha moller muit' astrosa
con outros tafures muitos, que non eran seus parentes.
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

Aquesta moller cativa foi de terra d' Alemanna;
e perdendo aos dados, creceu-ll' en tan gran sanna
que fez ha gran sandece, e oyd' ora quamanna,
por que guardados sejades de seerdes descreentes.
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

Ha omagen fremosa da Virgen Santa Maria,
de pedra mui ben lavrada sobre la porta siia,
e dous angeos ant' ela, e qualquer deles avia
senllas mãos enos peitos; e enas outras tentes
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

Eran come senllos livros de mui gran sinificança,
porque todo-los saberes saben eles sen dultança;
as outras mãos nos peitos tian por semellança
que en Deus sas voontades ten sempre mui ferventes.
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

Ond' esta moller sandia viu ha pedr' e fillou-a,
e catou aa omagen da Virgen e dostou-a
e lançou aquela pedra por feri-la, mas errou-a;
ea os angeos que eran ant' ela foron presentes
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

Por a [ssa] Ssennor guardaren. Un deles alçou a mão
e recebeu a ferida, mas ficou-ll' o braço são.
E quantos aquesto viron fillaron logo de chão
a moller e dar con ela foron nas chamas ardentes.
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...

O angeo teve sempre depois a mão tenduda
que parou ant' a omagen pera seer deffenduda;
onde aquela omagen foi depois en car tuda
mui mais ca ante non era de todas aquelas gentes.
Non é mui gran maravilla seeren obedientes...