Cantigas de Santa Maria/CCXCIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXCIX


Como Santa Maria vo en vision a un freire e mandou-lle que désse a ssa omagen que
tragia a un rey.

De muitas maneiras Santa Maria
mercees faz aos que por seus ten.

Dest' un miragre mostrar-vos querria,
e de mio oyrdes vos rogaria
de bõa ment, e per el vos faria
saber servir a comprida de ben.
De muitas maneiras Santa Maria...

Est' avo a un rey que servia
esta Sennor quant' ele mais podia,
e en loa-la gran sabor prendia;
e direi-vos que ll' avo poren.
De muitas maneiras Santa Maria...

Un freire dos da Estrela tragia
a seu colo, en que muito criia,
ha omagen desta que nos guia,
d' almafi, que seu Fill en braços ten.
De muitas maneiras Santa Maria...

E ha noit' en seu leito jazia,
nen era ben esperto nen dormia;
viu a Madre de Deus que lle dizia:
«Essa omagen non tragas per ren
De muitas maneiras Santa Maria...

Que trages, ca fazes y gran folia
ena trager assi; mais vai ta via
al Rei e dá-lla, ca me prazeria
se lla désses, e farias bon sen.»
De muitas maneiras Santa Maria...

Quand' esto ll' ouve dito, logo ss' ia;
e o freir' a outros freires dizia
est', e cada u deles respondia:
«Aquest' é son[n]o que non vai nen ven.»
De muitas maneiras Santa Maria...

E o freire, quand' aquesto oya,
de a non dar al Rei fillou perfia;
mas depois ben tres vegadas vii' a
que lle diss' assi en mui gran desden:
De muitas maneiras Santa Maria...

«E como fillaste tal ousadia
de non dar o que te mandad' avia
que désses al Rei, e gracir-cho-ya?
Mas dá-lla; se non, mal te verrá en.»
De muitas maneiras Santa Maria...

O freire log' ante de tercer dia
a seu maestr' aquesto descobria,
que lle respos: «Fezestes bavequia
eno tardar, e a vos non conven
De muitas maneiras Santa Maria...

Tal omagen, mas al Rei converria.
E por aquesto vos conssellaria
que lla dessedes, ca el saberia
onrra-la muit'; e vos buscad' alguen
De muitas maneiras Santa Maria...

Que vaa vosqu'». E ele logo s' ya,
e achou el Rei que missa oya,
e deu-ll' a omagen, que alegria
ouve con ela grande veramen.
De muitas maneiras Santa Maria...

E conas mãos ambas a ergia,
e graças por aquesto lle rendia
e o [seu] santo nome beizia,
dizendo: «Beita sejas, amen.»
De muitas maneiras Santa Maria...