Cantigas de Santa Maria/CCXCVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXCVIII


Como Santa Maria de Seixon guariu a moller de demonio.

Graça e vertude mui grand' e amor
mostra Santa Maria no peccador.

Gran vertude faz en doentes sãar,
e graça de no-los erros perdõar;
amor nos ar mostra de por nos rogar
sempr' ao seu Fillo, nosso Salvador.
Graça e vertude mui grand' e amor...

E porend' ora un miragre direi
que en Seixon fez a Madre do gran Rei;
quant' end' aprendi ren non vos negarei,
e de o oyr averedes sabor.
Graça e vertude mui grand' e amor...

Ha moller bõa, por vos non mentir,
demonio avia e per ren guarir
dele non podia, e prometeu d'ir
a Seixon que lle tolles[s]' esta door.
Graça e vertude mui grande amor...

E Santa Maria tev' assi por ben
de non tardar muit[o]; e guisou poren
candeas e cera e al que conven
a tod' aquel que en romaria for.
Graça e vertude mui grand' e amor...

Des i confessou-sse ben, com' aprendi,
e sayu-ss' enton esta moller assi
e foi-ss' a Seixon. E depois que foi y,
entrou na eigreja, e con gran pavor
Graça e vertude mui grand' e amor...

Que do dem' avia fez ssa oraçon
ben ant[e] o altar da Virgen. Enton
a fillou mui for' o diabo felon,
que ouveron todos en mui gran temor.
Graça e vertude mui grand' e amor...

E poi-la assi ant' o altar fillou,
gran pega a tev'; e pois se levantou
a moller, daquesta guisa começou
sa oraçon quant' ela Pode mellor,
Graça e vertude mui grand' e amor...

E diz: «Groriosa Virgen, que nacer
Jhesu de ti quiso, se for teu prazer,
de mi t' amerca e o teu poder
aqui mostra sobr' aqueste traedor
Graça e vertude mui grand' e amor...

Que me fillou ora ante ti tan mal
e non quis catar ta eigreja nen al;
mas, Virgen Rea santa sperital,
guarda-me daqueste falss' enganador.
Graça e vertude mui grand' e amor...

Sennor, os pecados non cates que fiz
assi como faz moller mui pecadriz;
mas tu, que dos ceos es Emperadriz,
roga teu Fillo, nosso Remidor,
Graça e vertude mui grand' e amor...

Que me dé saude polo amor teu.
E pois el tal onrr' aas molleres deu
que de ti pres carne, Virgen, rogo-t' eu
que t' amercees de mi que soffredor
Graça e vertude mui grand' e amor...

Soon de gran coita que mi o demo dá
qual nunca moller ouve nen averá;
ai, Madre de Deus, Sennor, tolle-mio ja,
e seerei sempre tua servidor.»
Graça e vertude mui grand' e amor...

A Virgen Maria log' aquela vez
ao demo mao, negro chus ca pez,
daquela moller que se quitasse fez,
e des ali non foi dela tomador.
Graça e vertude mui grand' e amor...

E a bõa dona, pois sse viu de pran
fora do poder daquel peor que can,
deu loor a Deus, e a do bon talan,
sa Madre, serviu e foi esmolnador.
Graça e vertude mui grand' e amor...