Cantigas de Santa Maria/CCXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXI


Como Santa Maria fez aas abellas que comprissen de cera un ciro pasqual que sse
queimara da a parte.

Apostos miragres faz todavia
por nos, e fremosos, Santa Maria.

Faz-los muit' apostos, por que ajamos
sabor de sabe-los e os creamos;
e faz-los fremosos, por que queramos
cobiiçar d'aver a ssa companya.
Apostos miragres faz todavia...

Porend' a Reynna de piadade
fez un gran miragr' en a cidade
a que dizen Elche, com' en verdade
achei de gran gente que y avia.
Apostos miragres faz todavia...

Esto foi un dia de Pentecoste,
que a ssa eigreja veron toste
d'omes e molleres come grand' oste,
por oyr a missa que ss' y dizia
Apostos miragres faz todavia...

Mui cantada come en atal festa,
e durou atena mui gran sesta;
enton viron cousa mui mãefesta,
ond' aa gente muito desprazia.
Apostos miragres faz todavia...

Ca viron o ciro pasqual queimado
muito da parte e mui menguado;
e desto o poblo foi tan coitado,
que cada un deles entrestecia.
Apostos miragres faz todavia...

Eles en aquesto assi cuidando,
viron un eixame vir voando
d'abellas mui brancas, que entrou quando
o crerig' a sagra dizer queria.
Apostos miragres faz todavia...

E tanto que as abellas chegaron,
en un furado da pared' entraron
e ben dali o cir[i]o lavraron
daquela cera, que en falecia.
Apostos miragres faz todavia...

Quand' aquesto viron toda-las gentes
e eno miragre meteron mentes,
loaron a Virgen, e mais creentes
quis cada un foi que ante creya.
Apostos miragres faz todavia...

E aquel eixam' estar y leixaron,
que per ren tanger sol non o ousaron,
e as abellas log' aly criaron
e fezeron mel a mui gran perfia.
Apostos miragres faz todavia...