Cantigas de Santa Maria/CCXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXII


Como ha bõa dona de Toledo enprestou un sartal a ha moller pobre por amor de Santa
Maria, e furtaron-llo, e fez-llo ela cobrar.

Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer,
cousa que lle faça mingua grande non á de perder.

Com' avo en Toledo a ha bõa moller
que polo amor de Santa Maria dava que quer
que vess' a sua mão aos pobres que mester
avian de lle pediren por seu amor seu aver.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

En Toled' á un costume que foi de longa sazon,
que quando y casar queren as donas que pobres son,
peden aas ricas donas de suas dõas enton,
que possan en suas vodas mais ricas apparecer.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

Aquela dona avia de seu un rico sartal,
e quand' as pobres casavan, enprestava-llo sen al;
e seu marido porende un dia trouxe-a mal,
e que o non emprestasse foi-llo muito defender.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

Ela ja nono ousava porend' enprestar per ren;
e aque-vos ha dona mui pobre a ela ven
e diss': «Ai, dona, por Santa Maria fazede ben
e un sartal me prestade por la mia filla trager
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

En ssa voda.» Mas con medo en llo dar muito dultou;
mais poi-la ela por Santa Maria esconjurou
que por seu amor llo désse, logo da ucha tirou
o sartal e en sa mão llo foi a furto meter.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

Ela deu-o a sa filla e levou-a a bannar,
com' é costum' en Toledo de quantas queren casar;
e ha moller furtou-llo e foi-sse per un logar
a 'scuso, e nona pode ome nen moller veer.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

A outra sayu do banno e catou muit' e non viu
o sartal u o posera, e deu vozes e carpiu;
e ha moura da dona aquelas vozes oyu
do sartal que lle furtaran, e logo llo foi dizer.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

A dona con mui gran medo do marid' esmorreceu,
e foi-ss' a Santa Maria e en prezes sse meteu
ant' a sua Majestade, e chorou muit' e gemeu
e pediu-lle que aquesta coita tornass' en lezer.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

A moller que o furtara fora-sse logo sayr
da vila; e pois que ome deante nen depois yr
viu, prendeu atal conssello de ss' a ssa casa vir,
ca non acharia ome que llo podess' entender.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

E tornando-ss' a ssa casa, teve que era mellor
d'atallar pela eigreja e non yr a derredor;
e passand' assi per ela, a dona con gran door
e porque muito chorara, fillou-sse d'adormecer.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...

E jazend' entre dormindo, antollou-xe-lle assy
que seu sartal lle levava aquela moller per y;
e espertou-ss' e chamó-a, e tirou-lle de sso sy
o sartal, que eno so ela fora asconder.
Tod' aquel que pola Virgen quiser do seu ben fazer...