Cantigas de Santa Maria/CCXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXIII


Como Santa Maria livrou u ome bõo en Terena de mão de seus emigos que o querian matar
a torto, porque ll' apõyan que matara a ssa moller.

Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira,
de toda cousa o guarda que lle ponnan mentireira.

E de tal razon a Virgen fez miragre connoçudo
na eigreja de Terena, que é de muitos sabudo,
ca sempre dos que a chaman é amparanç' e escudo;
e de como foi o feito contar-vos-ei a maneira:
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Un om' en Elvas morava que Don Tome nom' avia,
que sobre tod' outra cousa amava Santa Maria
e que gannava grand' algo con sas bestias que tragia,
carrejand' en elas vynno e farinna e ceveyra..
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Aquest' om' era casado con moller que el cuidava
que era bõa e salva; mais en seu cuidar errava,
ca ela mui mais a outros ca non a el[e] amava,
e poren quando podia era-lle mui torticeyra.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Onde ll'avo un dia que de ssa casa saydo
foi el con sas mercaduras; e poi-lo ela viu ydo,
por fazer mais a ssa guisa, des que ss'achou sen marido,
fez[o] como moller maa, non quis albergar senlleira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Ela fazendo tal vida, ha noite a acharon
morta e acuitelada; e seus parentes chegaron,
e pois que a morta viron, no marido sospeitaron
que a matara a furto e sse fora ssa carreira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Daquest' o marido dela sol non sabia mandado;
e quando chegou a Elvas, foi logo desafiado
dos parentes dela todos, e sen esto recadado
o ouvera o alcayde; mas fogiu aa fronteira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

E morand' en Badallouce, entrou-lle na voontade
que en romeria fosse a Teren', e piadade
averia de la Virgen mui conprida de bondade,
que de quanto ll'apõyan, pois que non era certeira
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Cousa, que o guardaria de non prender mal a torto,
e que, tend' el verdade, non fosse preso nen morto;
ca todos mui mal juigados a ela van por conorto,
ca en todo-los seus feitos senpr' é mui dereitureira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

[Ele, pois foi na eigreja, deitou-ss' enton mui festo
ant' o seu altar e disse: «Madre do Vell' e Meno,
que te does dos coitados, doe-te de mi mesquo,
Sennor, tu que es dos santos espello e lumeira;]
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

E non queiras que eu moira a gran tort' e sen dereito,
mas o feito desta cousa per ti seja escolleyto,
e faz que meus emigos en al façan seu proveito,
e tol-me dessa conpanna, tu que es [sen] conpanneira.»
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

E pois aquest' ouve dit' e sa oraçon acabada,
compriu ben sa romaria; e depois aa tornada
topou en seus emigos, que lle tian ciada,
mas veer nono poderon, ca non quis a josticeira
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Madre de Deus Jhesu-Cristo, pero contra el catavan.
E pois que ha gran peça en aquel logar estavan,
foron-sse contra Terena, u sen dulta o cuidavan
achar; mas o dem' acharon en forma del na ribeira
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Dun rio que per y corre, de que seu nome non digo,
yndo pos el braadando: «Aquest' é noss' emigo.»
E o demo contra eles disse: «Que avedes comigo?
ca nunca eu vos fiz torto, sabe-o tod' esta beira.»
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Mas eles lle responderon: «Don traedor, morreredes.»
E o demo lles dizia: «Mui gran torto me fazedes,
ca eu non ei nulla culpa daquelo que m'apõedes.»
Mas un foi-o acalçando con ssa azcõa monteira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

E foi-sse a el chegando, sa azcõa sobre mão,
cuidando ben que corria depos el per un gran chão
e que lle dava gran colbe; mas sayu-lle tod' en vão,
c'a azca chantou toda per ha grand' azeira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Demais en un gran barranco caeu con el o cavalo,
assi que o non poderon nunca ja daly saca-lo,
e el por un mui gran tenpo nono podian sãa-lo,
ca ficou todo britado dos pees tro ena moleira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Os outros, quando chegaron a el e o jazer viron,
cuidando que era morto, muito por ele carpiron;
mas a qual parte o demo foi, per ren nono sentiron,
nen viron sol per u fora fogind' en sa egua veira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

E pois lles aquest' avo, fillaron seu conpanneiro
e trouxérono a Elvas, onde moveran primeiro;
e souberon o engano que lles fez o dem' arteiro,
e perdõaron o outro da sanna omez[i]eyra
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

De ssa moller que matara, com' eles ante creyan.
E que os el perdõasse, todos por Deus lle pedian
mercee e por ssa Madre, ca ben de certo sabian
que ela o guarecera como guariu a primeira
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...

Chaga que Adan nos fezo, per que perderon a vida
dos ceos muitos e muitas; mas esta Sennor conprida
pela sa grand' omildade nos deu pera o ceo ida
e fez cobrar parayso, que é vida duradeira.
Quen serve Santa Maria, a Sennor mui verdadeira...