Cantigas de Santa Maria/CCXL

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXL


Esta é [de] loor de Santa Maria.

Os peccadores todos loarán
Santa Maria, ca dereit' y an

Ena loar e dizer o seu ben
e non cuidar nunca en outra ren;
ca pois que peccan per seu mao sen,
roga por eles a do bon talan.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar, e senpr' eu loarei
os seus feitos, ca outro ben non ei;
e por aquesto dereito farei,
e os cuitados dereito farán.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar e senpr' esto fazer
polas sas coitas, de que faz lezer
quando Deus vee irado seer
polos pesares que lle fazer van.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar e nunca fazer al;
ca u a chaman senpr' ela y val,
e per ela somos livres de mal
e do pecado que fezo Adan.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar e dizer o seu prez
e quanto ben ela no mundo fez
e como roga por nos cada vez
que pecamos, por nos salvar de pran.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar, e dereito será;
ca muito ben nos fez senpr' e fará,
e se non foss' ela, foramos ja
todos con Abiron e con Datan.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar, e farán gran razon;
ca ela ped' a seu Fillo perdon
quand' eles erran, e outro padron
nunca ouveron neno averán.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar, e quen esto fezer
fará dereito, pois senpr' ela quer
rogar por nos u nos á mais mester
por nos tirar de coitas e d' afan.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar, ca Deus non lle fez par;
e poren devemos a confiar
dela, que por nos Deus verrá rogar
ali u todos muito temerán.
Os peccadores todos loarán...

Ena loar, ca u Nostro Sennor
eno juyzo mais yrado for,
perdõa-lles-á polo seu amor,
e estes taes non se perderán.
Os peccadores todos loarán...