Cantigas de Santa Maria/CCXLI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXLI


Esta é como un meno que era esposado con ha menynna caeu de cima da muit' alta pena
en fondo, e quebrou per todo o corpo e morreu. E sa madre começó-o de pedir a Santa
Maria, e deu-llo viv' e são, e ontr' o moço e sa esposa meteron-ss' en orden.

Parade mentes ora
como Santa Maria
d' acorrer non demora
a quen por ela fia.

E se m' oyr quiserdes e parardes femença,
direi-vos un miragre en que ei gran creença,
que fez a Groriosa en terra de Proença.
por ha dona viuva que un seu fill' avia.
Parade mentes ora...

Outra don' a par desta morava, sa vezynna,
viuv[a], e ha filla avia fremosynna;
e o fillo da outra pagou-sse da menynna,
e com' é de costume, por moller a pedia.
Parade mentes ora...

Assi foi que ás donas prougue-lles deste feyto,
esposaron os moços enton pelo congeito
dun clerigo mui santo, que juntou este preito,
prazend' aos parentes muyto da preitesia.
Parade mentes ora...

Log' a madre do moço convidou de bon grado
a moça e ssa madre, e mandou ben provado
guisar de comer toste; e o jantar guisado,
non quis jantar o moço logo porque servia.
Parade mentes ora...

O menynno andava, con prazer da esposa,
servindo gran conpanna de donas e fremosa,
que sse enton chegara; mais quis a Groriosa
mostrar y ssa vertude no men' aquel dia.
Parade mentes ora...

A casa u jantavan en un pened' estava
muyt' alt' e muyt' esquivo, u a dona morava;
e o meno un vaso en sa mão fillava
contra ha festra, e lavar-o queria.
Parade mentes ora...

Ao demo non pro[u]gue dest', e con grand' enveja
revolveu a pousada o que maldito seja;
el que toda maldade ama sempr' e deseja
fez o prazer en doo tornar, ca lle prazia.
Parade mentes ora...

Estev' o moç o vaso na festra lavando,
e deitou-sse de peitos, e foi ja que pesando
mais de-la cinta suso; foy o dem' o puxando
da outra part' e fora pela pena caya.
Parade mentes ora...

Sayu muyt' ao moço sangue pelas orellas,
e quebraron-ll' os braços, ollos e sobrencellas,
e ouve feramente desfeita-las semellas,
e foi o moço morto alá jus' u jazia.
Parade mentes ora...

Contar non poderia do doo que fezeron
a sogr' e a menynna e quantos y severon;
mais a madre do moço, pero sse del dolveron
todos, sol non chorava por el nen se carpia.
Parade mentes ora...

A madre do menynno, que avia fiança
na Virgen groriosa sen nea dultança,
feze-o levar logo con mui grand' esperança
ant' o altar da Virgen, e assi lle dizia:
Parade mentes ora...

«Ai, Virgen groriosa, tu que un fill' ouviste
por salvaçon do mundo e criast' e nodriste,
des i de mort' esquiva, Sennor, matar-lo viste,
e sabes com' á coita de fillo queno cria;
Parade mentes ora...

Sennor, dá-me meu fillo, ca ben podes faze-lo,
ca de punnar y muito non ás, senon quere-lo;
porende dá-mio vivo que eu possa ave-lo
pera o teu serviço, se non, morta seria.»
Parade mentes ora...

Per oraçon da madre o moço deu levada
do leit' en que jazia, e viv' essa vegada
deu vozes contra todos, diss': «Ay, de que pousada
me tirastes, mia madre, u viçoso vivia!»
Parade mentes ora...

Ficou aquel menynno viv' e tan ben guarido
que sol non parecia per u fora ferido.
Deu sa madr' a Deus graças que lle tan ben comprido
foi o que demandava e donde sse doya.
Parade mentes ora...

Prometeu aquel moço que en orden entrasse
e manter castidade nos dias que durasse,
e de toda folia des aly sse quitasse;
e outrossi a moça assi o prometia.
Parade mentes ora...

Ambos fillaren ordin teveron por gran viço,
e a Santa Maria fezeron y serviço
sempr' enquanto viveron, e dest' outro boliço
do mundo sse quitaron e de toda folia.
Parade mentes ora...

Este miragr' escrito foy logo mantenent' e
deu a Santa Maria graças toda a gente;
e nos assi façamos, ca ben sey certamente
que é dos peccadores esforç' e lum' e via.
Parade mentes ora...