Cantigas de Santa Maria/CCXLIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXLIII


Como us falcõeiros que andavan a caça estavan en coita de morte en un regueiro, e
chamaron Santa Maria de Vila-Sirga, e ela por sa mercee acor[r]eu-lles.

Carreiras e semedeiros
busca a Virgen Maria
pera fazer todavia
seus miragres verdadeiros.

E de tal razon com' esta avo ha vegada
un miragre mui fremoso, que a Virgen corõada
mostrou cabo Vila-Sirga per ha mui gran geada,
como guareceu de morte estrãya dous falcõeiros.
Carreiras e semedeiros...

Estes con el Rey andavan Don Affons', e seus falcões
tragian e ar caçavan con eles muitas sazões
sen el, mas por seu mandado. Aquestes dous conpan[n]ões
non quiseron chamar out[r]o e foron caçar senlleiros.
Carreiras e semedeiros...

E pois foron na ribeira u muitas aves andavan,
aas ãades deitaron os falcões que montavan;
des i deceron a elas e assi as aaguavan,
que con coita se metian so o geo nos regueiros.
Carreiras e semedeiros...

Quand' esto os falcõeiros viron, veron agynna
e chegaron aa agua, cada u como viynna,
e britou-ss' enton con eles o geo; mas a Reynna
chamaron de Vila-Sirga que os valess', e certeiros
Carreiras e semedeiros...

Foron ben que lles valrria. Pero ant' ali jouveron
ha peça so o geo, que sayr en non poderon;
mais chamand' a Groriosa, os geos sse desfezeron,
e sayron ende vivos, e log' a seus semedeiros
Carreiras e semedeiros...

Cavalgaron. Des i foron a Vila-Sirgu' e loores
deron a Santa-Maria, que é Sennor das sennores,
que senpre nas grandes coitas acorr' aos peccadores;
e pois est' al Rey contaron ante muitos cavaleiros.
Carreiras e semedeiros...