Cantigas de Santa Maria/CCXLIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXLIV


Como Santa Maria guareceu un ome que ynchou que cuidou morrer, porque escarneçia dos
que yan a sa ygreja.

Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden
os feitos da Groriosa con que nos faz tanto ben.

E daquest' un gran miragre en Laredo conteceu,
que fezo Santa Maria, aquela de que naceu
Jheso-Cristo, Deus e ome, que por nos salvar morreu;
e por Deus, este miragre ascuitade-o mui ben.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

En Lared' á un' ygreja que fora da vila 'stá,
que chaman Santa Maria, en que ela mostrad' á
miragres bõos e muitos, e porende van alá
as gentes e dan y algo, cada u do que ten.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

Ond' avo que un dia ha bala sayu
e per esse mar andando ao porto recondiu;
e leixou-ss' yr log' a ela a gente quando a viu,
que mui poucos y ficaron, senon foi ou quen ou quen.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

E pois a bala morta foi, fillaron-ss' a tornar
cada un pera ssa casa; pero ant' yan entrar
na ygreja que vos dixe e a Deus s'acomendar
e a ssa beita Madre, de que todo ben nos ven.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

Mas un desses mareiros fillou-ss' a escarnecer
da gente que y entrava, e começou a dizer:
«Ir quer' eu aa taverna ante do vinno bever,
e en aquesto ben tenno que os vencerei de sen.»
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

E logo se foi correndo e na taverna entrou;
e pois que beveu do vo, atan ferament' inchou
e creceu-lle tant' o ventre, que per pouco rebentou,
que semellava cavalo que comera muito bren.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

O cativo mui cuitado foi quando se viu assi
estar, e a seus parentes rogou-lles que fossen y
con ele aa ygreja; e, segund' eu aprendi,
teveron y sa vigia e deron de seu argen.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...

Outro dia oyu missa da Madre do Salvador,
e tornou enton tan são como nunca foi mellor;
e el e todos los outros deron graças e loor
aa que senpre seu nome beito seja. Amen.
Gran dereit' é que mal venna ao que ten en desden...