Cantigas de Santa Maria/CCXLV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXLV


Como Santa Maria tirou un ome de prijon e o fez passar un rrio que era mui fondo, e
non se mollou.

O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for,
cham' a Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor.

Ca pola nossa saude prendeu dela carne Deus,
e por nos seermos salvos feze-a sobre los seus
coros dos angeos reynna; e porend', amigos [meus],
dereit' é que na gran coita valla ao peccador.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E sobr' aquest' un miragre mui fremoso vos direi
que fez en riba de Limia a Madre do alto Rey,
en San Salvador da Torre, por un om', e mui ben sey
que averedes fiança
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Entre Doir' e Mynn' avia, no reyno de Portugal,
tal tempo foi, roubadores que fazian muito mal,
escudeyros e peões, cavaleyros outro tal;
aquel que mos roubava, entr' eles era peor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

En aquel tempo morava un ome bõo aly
en San Salvador da Torre e, per quant' eu aprendi,
fazia ben sa fazenda servindo Deus, e des i
avia gran confiança na Madre do Salvador.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Ali no adro avia ha capela enton
da Santa Virgen, e sempre fazia ssa oraçon
est' om' ali ameude, des i mui de coraçon
aquele logar onrrava con muita flemosa fror.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

O ome bõo avia nomeada que aver
avia grand'; e porende os que soyan fazer
mal e rroubavan a terra fórono enton prender
e, mao peccad', avian de o espeitar sabor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Metérono en un barco e passárono alen,
e ano maltragendo que lles déss' alga ren;
e no castel[o] de Nevia o meteron, e des en
o que o peor julgava tia-ss' en por mellor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Muytas vezes açoutado, como contaron a min,
foy, e dizian: «Vilão, oge sseerá ta fin
se nos non dás quant' ouveres.» E jurou par San Martin
o alcayde que de cuyta o faria soffredor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

En un temon o alcayde mui fort' estira-lo fez
e muita da agua fria deitar sobr' el essa vez,
e o corpo con feridas ja chus negr' era ca pez,
e o alcayde dizendo: «Don vilão traedor,
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Dizede que nos daredes, se non, a vossa moller
e os fillos prenderemos.» Ele diss' enton: «Senner,
mil soldos de leoneses vos darei per quant' ouver,
ca mais non sõo atrevudo de dar, par Nostro Sennor.»
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Eles esto non quiseron e fórono açoutar,
se poderian aynda del mais deiros levar;
e pois que o ben feriron, assentaron-ss' a jantar;
todos a ha fogueyra severon a derredor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

O ome bõo jazendo en coita mui grand' assaz,
diss': «Ay, Virgen groriosa, guarda-m' oge, se te praz,
daquesta prijon tan forte en que o meu corpo jaz;
nenbre-te se t' eu serviço fiz que foss' a ta loor.»
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E el aquesto dizendo, a dona enton entrou
per meogo do paaço, e cada u a catou;
mais sol falar non poderon, nen ome non ss'abalou
que sse levantar podesse, mais ouveron gran pavor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E foi-sse dereitamente, que todos a viron yr,
ao om' e deslió-o e disse: «Porque se[r]vir-
me soes na mia capela, poren te vin eu guarir
desta prijon en que jazes tan fort' e tan sen sabor.»
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E filló-o pela mão mui manss' e mui sen affan
e levou-o perant' eles; e ben creede de pran
que ome non falou nada nen fezeron adaman
sol de ll' en ele travaren, e perderon a coor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E as portas do castelo fortes, com' aprendi eu,
estavan mui ben fechadas; pero pelo poder seu
daquela que o levava abriron-ss', e con el deu
na riba do rio Limia e disse: «Meu servidor,
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Entra no rio e passa a alen, e acharás
as portas do mõesteiro sarradas; mas entrarás
per elas ousadamente e na eygreja marrás
e dirás est' aos frades todos e ao prior.»
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

El ouv' espanto do rio, non ousou y meter pe
e diz; «Sennor, muit' é alto, des i u mais baixo é
á y mais de dez braçadas ou doze, per bõa ffe.»
Diss' ela: «Faz o que digo e non sejas dultador.»
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E meteu-ss' enton a vao en aquel rio medes,
que sol non ouv' y mollado pe, nen outro dano pres;
e ante que ss'y metesse, disse-ll' ela enton: «Ves,
de me fazeres serviço averás ma[i]s meu amor.»
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

El, pois' ouv' alen passado, ante que vess' a luz,
entrou dentro na igreja e deitou-ss' ant' ha cruz
e ant' ha majestade da Sennor que nos aduz
quanto de ben nos avemos e nos é deffendedor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Entraron enton os frades nas matinas, e tafur
cuidaron enton que era e entrara per algur;
e maravillados eran, ca solament[e] un mur
ali entrar non podia, pero fosse furador.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

E disseron: «Tu que jazes, bon om' e quen te meteu
en tal logar come este? Ben louco fust' e sandeu.»
Acordou, e o convento, des que o ben connoceu,
prougue-lle muito con ele. E el foi departidor
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

De quanto ll' enton vera, e jurou par San Dinis
que sempr' a Virgen servisse, pois a ela prougu' e quis
que de mal fosse livrado. E per mi seede fis
que fez pois ben sa fazenda e foy grand' esmolnador.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

O alcaid' enton de Nevia con sua companna vil
viron que assi perderan o pres' e os soldos mil,
e que assi ha dona llo levara tan sotil-
ment', e viron que a Madre fora do Remiidor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...

Ca ben lles diss' o convento a todos que a que sol
fazer aos peccadores que façan todos sa prol,
que fez aqueste miragre; poren se teve por fol
cada u, e neun deles non foi depois malfeitor.
O que en coita de morte mui grand' ou en prijon for...