Cantigas de Santa Maria/CCXLVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXLVII


Como ha mena naceu cega, e a cabo de .X. anos levárona [a] Santa Maria de Salas, e
deu-lle logo seu lume Santa Maria.

Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado,
assi veer fez sa madre ha moça mui privado.

Daquest' un miragre fezo en Salas Santa Maria
da moça que nacera cega e que non viia
nen vira pois fora nada; mas en ora du dia
guariu-a Santa Maria, como vos será contado.
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...

Esta, ante que nacesse, sa madre a prometera
que serviss' a ssa eigreja e un estadal de cera
oferecess' y cad' ano; mas porque cega nacera,
a madr' era mui coitada e o padre mui coitado.
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...

Pero criaron sa filla, e ela foi ben crecendo;
e pois que conpriu dez anos, seu padre, com' eu aprendo,
morreu, e ficou a madre; e chorando e tremendo
levou a moça a Salas e diz: «Sennor, á-ti grado
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...

Que rogass' eu a teu Fillo que de meu marid' ouvesse
linnag' e naceu-m[e] esta filla; mas se eu soubesse
que cega me naceria, non sei ren per que quisesse
ave-la; mas tua seja, pois que cho por don ei dado.
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...

E porende cha aduxe a esta tua eigreja,
creendo que en ti éste mui gran vertude sobeja;
e se te praz seu serviço, dá-lle lume con que veja,
e des oi mais penssa dela, ca de mi sol un bocado
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...

Non averá.» E tan toste revolveu-sse muit' aga
pera ir-sse da eigreja; mas a mui Santa Rea
fezo que a moça visse cona santa meezynna
que lle seu Fillo mostrara, e viu logo ben provado.
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...

Aquesto viu ben a gente mui grande que y estava,
que toda comunalmente Santa Maria loava
que tal miragre fezera; e a moça y ficava
varrendo sempr' a eigreja como lle fora mandado.
Assi como Jheso-Cristo fez veer o cego-nado...