Cantigas de Santa Maria/CCXLVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXLVIII


Como dous mareiros sse querian matar en Laredo ant' o altar de Santa Maria, e pola
ssa gran mercee guardó-os que sse non matassen nen se ferissen.

Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital,
guarda-nos que non façamos quanto podemos de mal.

Ca u a nossa natura quer obrar mais mal ca ben,
guarda-nos ela daquesto, que non possamos per ren.
E de tan gran piadade un miragre direi en
que mostrou grand' en Laredo a Sennor que pod' e val
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...

Na ssa ygreja que dixe, que sobelo mar está
e que van en romeira as gentes muitas alá
rogar aa Groriosa, aquela que senpre dá
consello aos cuitados e que nas cuitas non fal.
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...

Onde foi ha vegada que foron y albergar
muitos omees da terra e sas candeas queimar;
e enton dous mariros fillaron-ss' a pelejar,
ben ant' o altar estando, de peleja mui mortal.
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...

E sacaron os cuitelos log' anbos por se ferir;
mas non quis a Groriosa que o podessen conprir,
ca mover non se poderon, nen un ao outro yr;
e toda a gent' y vo veer este feit' atal.
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...

E assi como os braços foron anbos estender
por se ferir, non poderon per ren poi-los encoller;
e estando-se catando, non se podian mover,
ben come se fossen feitos de pedra ou de metal.
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...

E estand' assi tolleitos, cada un se repentiu
muit' e a Santa Maria logo mercee pediu,
e demais toda a gente que aqueste feito viu,
rogando Santa Maria logo, que non ouv' y al.
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...

E ela o rogo deles oyu e sa oraçon;
e estes que se querian mal, perdõaron-ss' enton,
e a gente que y era loaron de coraçon
a Virgen de que Deus quiso naçer dia de Natal.
Sen muito ben que nos faze a Sennor esperital...