Cantigas de Santa Maria/CCXV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXV


Como Santa Maria guardou a sa Majestade que non recebesse dano de muitos tormentos
que lle fazian os mouros.

Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada
a omage da ssa Madre, Virgen santa corõada.

E daquest' un gran miragre vos direi, que na fronteira
mostrou y Santa Maria, a Sennor mui verdadeira
quando passou Aboyuçaf, non da passada primeira,
mas da outra, e fez dano grande daquela passada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E porque dest' os crischãos non eran apercebudos,
passou el come a furto con muitos mouros barvudos;
e poren foron as vilas e os castelos corrudos,
e polos nossos pecados muita eigreja britada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E por mal de nossa lee as canpãas en levavan
e roubavan os altares, que sol ren y non leixavan;
e depois os crucifissos e as omayas britavan
a tian a fronteyra en mui gran coita provada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Ond' avo que correron pola Campa un dia
e britaron h' aldea que cabo Martos jazia,
e romperon a eigreja da Virgen Santa Maria,
e ha omagen sua foi deles logo levada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E log' aas albergadas u pousava[n] a levaron,
e assentaron-sse todos, e tal consello fillaron
que toda a desfezessen; e sas espadas sacaron
enton, e end' u deles lle foi dar un' espadada
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Eno braço e tallou-lle del ha mui gran partida.
Mas non quis Deus que ficasse a omagen escarnida;
e porend' a aquel mouro deu-ll' ha atal ferida,
que lle fez perde-lo braço log', e caeu-ll' a espada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Os mouros, quand' esto viron, todos grandes vozes deron
que logo a pedrejassen, e muitas pedras t[r]ouxeron
e tiraron-lle de preto, mas ferir nona poderon;
enton ouveron acordo que fosse logo queimada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E metérona no fogo mui grand', e jouv' y dous dias;
mas o que en Babilonia guardou no forn' Ananias
e Misael o menyno e o tercer, Azarias,
guardou aquesta do fogo, que sol non lle noziu nada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E do fogo a sacaron e ouveron tal consello
que, porque aquesto feito sol non sais[s]' a concello,
que no rio a deitassen, todo come en trebello,
con ha pedra mui grande aa garganta atada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E tan toste a deitaron en u peego redondo;
mas non quis Santa Maria per ren que sse foss' a fondo.
Quand' esto viron os mouros, teveron que grand' avondo
de vertud' en ela era, e foi da agua sacada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E tan toste a levaron u' Rey de Grãada era,
que teve tod' este feito por gran maravilla fera
e mandou de seus deiros dar ao que lla trouxera,
e ar mandou a omagen logo levar a Grãada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Des i mandou a crischãos que a el Rei a trouxessen
de Leon e de Castela, e o feito lle dissessen
todo per como passara, pero por quanto podessen
que non foss' el descoberto que a avia 'nviada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E eles toste veron pera Segovia aga,
u el Rey era, e deron-ll' a omagen da Rea,
Virgen santa groriosa; e en panos que tia
ricos fez que a omagen fosse log' envorullada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E mandou que a guardassen mui ben ena sa capela,
e a todos fez mostra-la, que ouvessen en mazela
e punnassen come bõos com' aquela alcavela
de mouros fosse vençuda e a omagen vingada.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...