Cantigas de Santa Maria/CCXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXVI


Como Santa Maria se mostrou en semellança da moller do cavaleiro ao demo, e o demo
fugiu ant' ela.

O que en Santa [Maria] de coraçon confiar,
non se tema que o possa per ren o dem' enganar.

Daquest' ora un miragre fremoso quero dizer
que eu oý, da dona que fillava gran prazer
en servir Santa Maria, e eno seu ben fazer
põya sua fazenda e todo seu asperar.
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

Ela dun bon cavaleiro muy rico era moller,
que perdera quant' avia, e era-lle mui mester
de o cobrar, e queria cobra-lo ja como quer;
e polo cobrar vassalo se foi do demo tornar,
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

Que lle disso: «Pois meu sodes, mui grand' algo vos darei;
e vossa moller tragede a un mont', e falarey
con ela e poren rico sen mesura vos farey.»
O cavaleir' oyu esto e foi-llo log' outorgar.
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

O diabo, pois menage do cavaleiro fillou
que ssa moller ll'adussesse, mui grand' algo ll'amostrou.
Poren como lla levasse o cavaleiro cuidou,
e disso-l[l]': «Ai, moller, treides oge mig' a un logar.»
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

A ela foi-lle mui grave por de ssa casa sayr,
ca era dia da Virgen, a que queria servir
en ha sua eigreja; mas non llo quis consentir
per ren o marid', e foy-a per força sigo levar.
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

Ela yndo per carreyra, viu eigreja cabo ssy
estar de Santa Maria e disso: «Quer' eu aly
folgar ora ha peça, e andaremos des y.»
E deceu y e deitou-sse a dormir cab' un altar.
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

E sayu Santa Maria de tra-lo altar enton,
e assi a semellava que diriades que non
era se non essa dona, e disso: «E ja sazon
de nos irmos, ai marido?» E diss' el: «Temp' é d'andar.»
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

Enton foi Santa Maria con el ao logar u
estava o demo. Quando viu a Madre de Jesu
Cristo, o demo lle disse: «Mentira fezische tu
en trager Santa Maria e a ta moller leixar.»
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

Diss' enton Santa Maria: «Vai, demo cho de mal,
cuidasch' a meter a dano a mia serventa leal;
mas de quanto tu cuidaste eu cho tornarei en al,
ca te tollo que non possas ja mais fazer-lle pesar.»
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

E diss' ao cavaleyro: «Fostes ome de mal sen
que cuidastes pelo demo aver requeza e ben;
mais fillad' en pede[n]ça e repentide-vos en,
e o que vos deu leixade, ca vos non pode prestar.»
O que en Santa Maria de coraçon confiar...

O cavaleiro da Virgen muit' alegre s'espediu
e foi-ss' u ssa moller era e contou-lle quanto viu,
e do dem' e de seus dões, de tod' ali sse partiu;
e dessa or' adeante Deus grand' algo lles foi dar.
O que en Santa Maria de coraçon confiar...