Cantigas de Santa Maria/CCXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXVII


Esta é de como un conde de França que vo a Santa Maria de Vila-Sirga non pude entrar
na eigreja a mos de sse confessar.

Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor,
se ante de seus peccados mortaes quito non for.

Ca, par Deus, muit' é ousado o que está en mortal
pecad' e se non repente d'ir ant' a esperital
Rea Santa Maria, que tant' avorreç' o mal;
e quen sse desto non guarda cae de mal en peor.
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...

E dest' un mui gran miragre mostrou, per com' aprendi,
a Virgen en Vila-Sirga dun conde que vo y
de França en romaria, e cuidou entrar aly
na eigreja u os outros entravan a gran sabor.
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...

Aqueste dez cavaleiros tragia e quis entrar
ant' eles ena eigreja; mas porque mãefestar
non sse fora dos pecados, sol nono pod' acabar,
ant' ouv' a ficar de fora com' ome mui peccador.
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...

Quand' esto viu sa conpanna, punnaron de o meter
per força ena eigreja; mais non ouveron poder,
per força que y posessen, sol dun logar o mover,
ca sofrer nono queria a Madre do Salvador.
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...

E eles tant' enpuxaron que o sangue lle sair
fezeron ben pela boca e pelos narizes yr;
quand' aquesto viu o conde, começou-ss' a repentir
e disse quanto leixara a dizer con gran door.
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...

E pois foi maenfestado, entrou logo manaman
ben dentro ena eigreja sen traball' e sen affan,
chorand' e chamando muito: «Sennor do mui bon talan,
que me perdõar quisiste, a ti dou poren loor.»
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...

Quand' aquesto viu a gente, ouveron gran devoçon,
e quantos outros y eran, e todos de coraçon
loaron muito a Virgen; e as novas log' enton
foron en por toda Spanna ben ata Rocamador.
Non dev' [a] entrar null' ome na eigreja da Sennor...