Cantigas de Santa Maria/CCXXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXXXV


Esta é como Santa Maria deu saude al Rey Don Affonso quando foi en Valadolide enfermo
que foi juygado por morto.

Como gradecer ben-feito é cousa que muito val,
assi quen nono gradece faz falssidad' e gran mal.

E daquest' un gran miragre vos direi desta razon,
que avo a Don Affonsso, de Castel' e de Leon
Rei, e da Andaluzia dos mais reinos que y son;
e, por Deus, parad' y mentes e non cuidedes en al.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Aqueste Santa Maria mui de coraçon de pran
loava mais d'outra cousa, e non prendia affan
en servi-la noit' e dia, rogando seu bon talan
que morress' en seu serviço, poi-lo seu ben nunca fal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E desto que lle pedia tan muito a afficou
por esto, que ha noite en sonnos llo outorgou,
ond' ele foi muit' alegre, tanto que ss' el espertou,
e loou porend' a Virgen, a Sennor espirital.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Pois passou per muitas coitas e delas vos contarei:
Ha vez dos ricos-omes que, segundo que eu sei,
se juraron contra ele todos que non fosse Rey,
seend' os mais seus parentes, que divid' é natural.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E demais, sen tod' aquesto, fazendo-lles muito ben,
o que lle pouco graçian e non tyan en ren;
mais conortou-o a Virgen dizendo: «Non dés poren
nulla cousa, ca seu feito destes é mui desleal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Mas eu o desfarei todo o que eles van ordir,
que aquelo que desejan nunca o possan conprir;
ca meu Fillo Jhesu-Christo sabor á de sse servir,
e d'oi mais mui ben te guarda de gran pecado mortal.»
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Tod' aquesto fez a Virgen, ca deles ben o vingou;
e depois, quand' en Requena este Rey mal enfermou,
u cuidavan que morresse, daquel mal ben o sãou;
fez por el este miragre que foi começ' e sinal
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Dos bes que lle fezera e lle queria fazer.
E depois, quando da terra sayu e que foi veer
o Papa que enton era, foi tan mal adoecer
que o teveron por morto dest' anfermidad' atal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E pois a Monpisler vo e tan mal adoeceu
que quantos fisicos eran, cada hu ben creeu
que sen duvida mort' era; mas ben o per guareceu
a Virgen Santa Maria, como Sennor mui leal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E feze-ll' en poucos dias que podesse cavalgar
e que tornass' a ssa terra por en ela ben sãar;
e passou per Catalonna, en que ouve de fillar
jornadas grandes no dia, como quen and'a jornal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E pois entrou en Castela, veron todos aly,
toda-las gentes da terra, que lle dizian assy:
«Sennor, tan bon dia vosco.» Mas depois, creed' a my,
nunca assi foi vendudo Rey Don Sanch' en Portugal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Ca os mais dos ricos-omes se juraron, per com' eu
sei, por deitaren do reyno e que ficasse por seu,
que xo entre ssi partissen; mas de fazer lles foi greu,
ca Deus lo alçou na cima e eles baixou no val.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E depois, quand' en Bitoria morou un an' e un mes,
jazendo mui mal doente, contra el o Rey frances
se moveu con mui gran gente; mas depois foi mais cortes,
ca Deus desfez o seu feito, com' agua desfaz o sal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E depois de muitos maes o sãou, grandes e greus,
que ouve pois en Castela, u quis o Fillo de Deus
que fillasse gran vingança daqueles que eran seus
emigos e pois dele. E ben com' ard' estadal
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Ardeu a carne daqueles que non querian moller;
os outros pera o demo foron e, sse Deus quiser,
assi yrá tod' aquele que atal feito fezer,
e do mal que lles en venna, a mi mui pouco m' incal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E pois sayr de Castela, el Rey con mui gran sabor
ouve d'ir aa fronteira; mas a mui bõa Sennor
non quis que enton y fosse, se non sãasse mellor;
porend' en todo o corpo lle deu febre geral.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E con est' anfermidade das outras sãar-o fez;
e u cuidavan que morto era, foi-sse dessa vez
dereit' a Valedolide, u a Sennor mui de prez
o guariu do que ficara. Mas ante quis que en tal
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Ponto vess' a seu feito, que non ouvess' y joyz
que de vida o julgasse, e a Sant' Anperadriz
lle fez ben sentir a morte; mais eno dia fiiz
de Pasqua quis que vivesse, u fazen ciro pasqual.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E ar foy-o conortando, ca maltreit' era assaz,
e de todas sas doores o livrou ben e en paz,
tragendo per el sas mãos, e non tiinna enfaz
e parecia mas crara que é rubi nen crestal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

E tod' aquesto foi feito dia de Pascua a luz
per ela e per seu Fillo, aquel que seve na cruz
que tragia nos seus braços, que pera nos sempr' aduz
a ssa merce' e ssa graça no perigo temporal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...

Tod' aquesto faz a Virgen, de certo creed' a mi[n],
pera dar-nos bõa vida aqui, e pois bõa fin;
e porende a loemos que nos meta no jardin
de seu Fill' e que nos guarde do mui gran fog' yfernal.
Como gradecer ben-feito é cousa que muito val...