Cantigas de Santa Maria/CCXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXXXVI


Como ha moller perigoou no mar, e tragia un fillo pequeno nos braços; e feze-a Santa
Maria per cima das aguas andar de pe, assi como yria per un mui bon chão.

A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar
andou, guaannar del pode por fazer y outr' andar.

E dest' un mui gran miragre Santa Maria mostrou
por ha moller mesq[u]ynna que no mar morrer cuidou
con seu fillo que tragia; mas a Virgen a livrou,
com' agora oyredes, se quiserdes ascoitar.
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...

Esta en ha galea andava, com' aprendi,
de Marssella, dun cossairo que dizian, com' oý,
Pero Bonifaz per nome; mas un dia foi assi
que sse foi en un penedo a galea espeçar.
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...

E pereçeu a galea, e morreron log' enton
quantos en ela andavan, que non escapou baron
nen moller dos que y eran, se aquela soa non,
pero foi ha vegada ben ao fondo do mar.
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...

E tragendo enos braços enton aquel fillo seu,
eno coraçon a Virgen rogou, com' aprendi eu,
dizendo: «Sennor mui santa, por amor do Fillo teu
que sempre muito guardasti, queiras este meu guardar.»
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...

Ela aquesto rogando, foi-lle log' apareçer
a Virgen Santa Maria e foi-a logo prender
pela mão e da agua a começou a erger,
dizendo: «Non ajas medo, ca eu te venn' ajudar.»
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...

[E] ben assi pela mão a levou ben sen afan
tan quedo sobela agua assi come per un pran,
e pose-a eno porto de Marssela, u estan
muitas gentes cada dia, a que log' ela contar
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...

Foi de como ll'avera. E todos logo sen al
loaron Sancta Maria, Reynna esperital,
porque senpr' aos coitados enas grandes cuitas val;
e log' a aquela pobre foron poren algo dar.
A Santa Madre daquele que a pe sobelo mar...