Cantigas de Santa Maria/CCXXXVII

Wikisource, a biblioteca livre


Como Santa Maria fez en Portugal na vila de Santaren a ha moller peccador que non
morresse ta que fosse ben confessada, porque avia gran fiança en ela e java os
sabados e as sas festas a pan e agua.

Se ben ena Virgen fiar
o peccador sabudo,
querrá-o na morte guardar
que non seja perdudo.

E desta confiança tal vos direi, se quiserdes,
que ouve grand' ha moller; e pois que o souberdes
loaredes a Madr' enton de Deus, se me creverdes,
e averedes des ali o dem' avorreçudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Esta moller en Santaren, com' aprendi, morava,
e pero sa fazenda mal fazia, confiava
na Madre do mantedor do mund' e jajava
o dia da Encarnaçon, que é stabeliçudo.
Se ben ena Virgen fiar...

As cinque festas da Sennor, Reynna corõada,
jajava esta moller e non comia nada
senon pan e agua, pero seendo denodada
muit' en seu corp' abaldõar; est' era connoçudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Outro costum' esta moller vos direi que avia:
missa cada sabad' oyr da Madre de Deus ya,
e en aquel dia fazer maldade non queria
por aver nen por outra ren, assi ey aprendudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Vivend' esta moller assi, estand' en tal estado
como vos retraý ant' eu, tev' assi por guysado
d'ir a ssa terra; e enton vestiu-sse ben privado
e ssayu-ss' enton daly, e non muit' ascondudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Mais aquel dia que sayr avia sabad' era,
e foi missa oyr enton, ca tal costum' ouvera
senpre tal di'; e un garçon seu ouv' en coita fera,
e con outros pos ela foy como louc' atrevudo.
Se ben ena Virgen fiar...

E foy-a enton acalçar camo de Leira,
pelos cabelos a tirou do cam' a gran pa;
ela começou vozes dar: «Ai eu en terr' alla,
a que mal tenpo me chegou meu feyto decebudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

Quis aquel vilão conprir sa voontade logo
con ela, mais disse-ll' assi ela: «Por Deus te rogo
que non seja, ca sabad' é, sequer a un moogo,
meu abade, o prometi.» Mais el foy demovudo
Se ben ena Virgen fiar...

Contra ela, o traedor, e diz: « Se non fezeres
ora quant' eu quiser, aqui o corp' e quant' ouveres
perdud' ás.» E ela respos: «Podes quanto quiseres
fazer, mas ant' eu morrerei, vilão, falsso, rudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

El con gran despeito travou dela, e ameude
chamou ela: «Madre de Deus, valla-m' a ta vertude;
a meu mal non queiras catar, mais o teu ben m'ajude
e os grandes miragres teus, que o dem' an vençudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Sennor, Sennor de gran poder, valla-m' a ta bondade,
non me leixes perder assi, pola ta piadade;
guarda-me polo prazer teu do dem' e de sa grade,
so que el muitos meter vai, e do seu dent' agudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Sennor, senpr' en ti confiey, como quer que pecasse,
que dos grandes erros que fiz a emenda chegasse;
e non ei, mal pecado, ja temp' en que os chorasse,
mas tu, Madre do alto Rei, sei oge meu escudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

Daquesta guisa se queixou, feramente chorando,
e non se mãefestou. Mais fórona desnuando
de quanto tragia enton, e ela braadando,
muito lle mostrou falss' amor aquel que foy seu drudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Esbullou-a aquel ladron falsso con gran loucura,
des i degolou-a log' y sen do' e sen mesura;
mais a de qu' el rei Salomon falou, santa e pura,
a ssa oraçon ben oyu, que sãa ceg' e mudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Pois que a assi degolou mui longe da carreyra,
fogio-ss' e leyxó-a jazer so ha gesteyra.
[E] chegou logo ben aly a Santa verdadeyra,
que lle diss' enton: «Erge-t' e[n], ca de pran eu t'ajudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

Pela mão a foy fillar a Virgen groriosa,
ao camo a levou, des i mui saborosa-
mente a cofortou; enton diz: «Non sejas queixosa,
ca serás salva porque é ja o demo batudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

[E] pois disse-lle: «Sey aqui, non temas nemigalla,
e pornán que daqui a cras mãefestes ta falla
quanta ás feita contra Deus, e crey ben que te valla
meu Fill', e vivirás con el, pero te vay sannudo.
Se ben ena Virgen fiar...

E ves, un cavaleiro ven per aquel[e] recoste,
que teu mandado levará a Santaren mui toste;
e do concello sayrá contra ti mui grand' oste,
e muy long' este feyto teu se[e]rá retraudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

Chegou-ss' o cavaleir' enton, ca andava agynna,
e pois que viu assi seer esta moller mesquinna,
sinou-ss' enton e diss' assi: «Santa Virgen, Reynna,
quen foy o que t' assi matou, seja el cofondudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

«Cavaleiro», disse-l[l]' enton, «e porqué vos sinades?
A mia Sennor, Madre de Deus, faz esto, ben creades,
que quer que me confess' ant' eu que moyra, entendades,
que sobre los santos tal don á ela recebudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Ca porque a muito chamei u m' assi degolaron
omees a que nunca fiz mal e que me roubaron,
porque fiey no seu amor, sol que m' eles leyxaron
por morta, vo log' a mi, que m' á ben acorrudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Mais mãefest' aja por Deus, se ben fazer queredes,
a que possa dizer meu mal; e depois saberedes
da Virgen o gran poder seu, e ja o ben veedes
que non lle praz de me perder com' algun descreudo.»
Se ben ena Virgen fiar...

O cavaleir' a Santaren se foy dereytamente
e tod' aqueste feit' enton diss' a toda a gente.
E a clerizia dali sayo mantenente,
do concello ren non ficou, nen grande nen meudo.
Se ben ena Virgen fiar...

Adussérona ben daly u a o cavaleyro
achou, e foi mui ben enton confessada primeyro
e comungou-ss'; e a Madre do Fillo verdadeyro
log' a alma dela levou, que ll' ouve prometudo.
Se ben ena Virgen fiar...