Cantigas de Santa Maria/CCXXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXXXVIII


Como Deus se vingou dun jograr tafur que jogava os dados e porque perdera descreeu en
Deus e en Santa Maria.

O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou,
se pois del filla vinganç' a maravilla nono dou.

A Sennor que nos adusse salvaçon e lum' e luz,
e que viu por nos seu Fillo morte prender ena cruz,
des i ten-nos amparados do demo que nos non nuz;
en bõo dia foi nado quena serviu e onrrou.
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

E desto vos direy ora a vengança que fez
Jhesu-Christo en Guimarães dun jograr mao rafez,
que el e ssa Virgen Madre santa e o seu bon prez,
per que o mundo foi salvo, ante todos dostou.
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Aqueste jograr jogava os dados, com' aprendi,
e descreya tan muyto, que quantos seyan y
foron en tan espantados que sse foron os mais d'y;
mais el de viltar a Virgen e Deus sol non ss'enfadou.
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Non quis catar o maldito como prendeu carne Deus
na Virgen e pois prendeu por el morte dos judeos,
mais o coraçon proposo e todos los sisos seus
en viltar Santa Maria, de que Deus carne fillou.
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

E dezia que non era Deus nada neno seu ben,
e que o da Virgen fora chuffa, ca non outra ren.
E el est' e mais dizendo, ei-vos un capelan ven
que levava Corpus Cristi a un que y enfermou
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Na vila. [E] os gollos ficaron todos enton
ant' aquel que da cada nos foi tirar do dragon;
e o jograr mal-andante cospiu e disse que non
vira gente tan baveca, e muy mal os dostou.
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

O capelan, quand' oyu dizer mal do Salvador
do mundo, mui gran despeito ouve daquel traedor;
e pois se tornou du ya, diss' enton: «Ay, pecador
d'ome, porqué dostavas ora o que te formou,
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

O que te fez de niente e pois á t' a desfazer,
e eno dia do joyzo estarás a sseu poder,
cativ'? E non sabes esto, nen t'ar queres connoscer
a aquel que do diabo per seu sangui te livrou?
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

E da Virgen groriosa te nenbra, e ben farás,
e filla ta pedença por aquesto que dit' ás.»
El respondeu escarnindo: «Crerigo, que torp' estás!
O ben, de Deus e da Virgen renegu', e aqui me dou
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Que non ajan en min parte e que xe me fagan mal
e me metan, sse poderen, dentro no fog' infernal.»
Quand' est' o crerigo oyu, diss': «Ay, Groriosa, val!
Deus fille de ti vingança, assi como sse vingou
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Do traedor Simon Magos, encantador que viltar
foi assi Santa Maria e seu Fillo desdennar.»
Esto diss' o prest' e foi-ss'; e o demo vo travar
eno jograr que vos dixe, e assi o apertou
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Que o torceo enton todo. E assi vingar-sse quis
Deus por ssi e por sa Madre, e desto seede fis
que nunca mais falou nada; e poren, pa-Ssan Dinis,
atanto o tev' o demo ta que ll' a alma sacou
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...

Do corpo e no inferno a foy logo sobolir;
ca assi yr deveria quen quer que foss' escarnir
da Virgen e do seu Fillo, que nos vo remir;
qual sennor ele serviu, assi llo gualardõou.
O que viltar quer a Virgen de que Deus carne fillou...