Cantigas de Santa Maria/CDIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDIV


Esta .LXXVIª. é como Santa Maria guareçeu con seu leite o crerigo de grand'
enfermidade, porque a loava.

Non é sen guysa d'enfermos sãar
o santo leite que Deus quis mamar.

Toller deve mal e aduzer ben
o leite que cric,u o que nos ten
en seu poder e nos fez de non ren
e desfará quando lle semellar,
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Porend' un miragre desta razon
vos direi, que xe valrrá un sermon,
de como guareceu un crerizon
Santa Maria, que el foi loar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

De bon linage foi aquest' assaz
e mui fremoso de corp' e de faz,
e leterado e de bon solaz,
que en sa terra non avia par.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Cantar sabia el ben e leer
e ar dava de grado seu aver;
mas non leixav' ao demo fazer
obras que xas ant' el non foss' obrar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E pero fazia tan muito mal,
Santa Maria amava mais d'al;
e en aquesto era tan leal,
que cada u viia seu altar
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Aeollava-sse, dizend' assi,
catand' a sa omagen, com' oý:
«Santa Maria, eu venno a ti
polo ben que Deus pos en ti loar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Entr' as molleres beita es tu;
ca tal come ti, u acharán, u?
Ca tu parist' o bon Sennor Jesu
que fez o ceo e terra e mar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Porend' o teu ventr' u s'el ensserrou
beito seja, ca en el fillou
carne teu Fillo, que Deus enviou
por salvar-nos e por a ti onrrar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E as tas tetas que el mamar quis
beitas sejan, ca per elas fis
somos de non yrmos, par San Dinis,
a iferno, se per nos non ficar.»
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Assi loando a Madre de Deus
foi el caer polos pecados seus
en tal enfermidad' a que judeus
nen crischãos non podian prestar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Ca frenesia o tornou sandeu
tan muito que sa lengua xe comeu,
e ar os beiços desfez e mordeu,
e comera se lle dessen vagar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E porend' a boca e o nariz
ll'encharon tanto, com' o livro diz,
que non podian dele a serviz
neno rostro qual era estremar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E assi jazendo pera fir,
un angeo viu pera ssi vir
que o queria guardar de falir
se podesse; e fillou-ss' a chorar,
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E dizend' agrandes vozes: «Sennor,
Santa Maria, nenbre-t' o amor
que ti avia aqueste pecador
que en gollos t' ia saudar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E ja sa lengua, que de bon talan
te saudava, comeu come can
e os seus beiços que feos estan,
con que soya no teu ben falar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Poren, Sennor, val ao servo teu
que se non perça; ca eu sõo seu
angeo, e acomendad' é meu,
e poren te venno por el rogar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E que non queras que aquesta vez
se perça polos pecados que fez,
nen que o demo mais negro ca pez
o possa ao iferno levar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

Esto dizendo, a Madre do Rei
dos ceos toste, com' escrit' achei,
chegou e disse-lle: «Porque tardei
venno-ti agora grand' emenda dar.»
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E enton a sa teta descobriu
e de seu leit' o rostro lle ungiu
e os peitos, e assi o guariu
que con sabor o fez adormentar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...

E pois dormiu com' ome são sol
dormir, sãou do mal ond' era fol,
e entendeu que fezera sa prol
en sse a Santa Maria deitar.
Non é sen guysa d'enfermos sãar...