Cantigas de Santa Maria/CDV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDV


Esta .LXXVIIIIª. é como Santa Maria faz en Costantinobre decer un pano ante sa
omagen.

De muitas guysas mostrar
xe nos quer Santa Maria
por xe nos fazer amar.

Nas grandes enfermidades
s'amostra con piedades,
e polas nossas maldades
toller se leixa catar.
De muytas guysas mostrar...

Dest' un miragre mui nobre
mostrou en Costantinobre
aquela que nos encobre
e que nos faz perdõar,
De muitas guysas mostrar...

Madre do que nos governa,
e que é nossa lenterna,
ena que chaman Luzerna,
igreja cabo do mar.
De muitas guysas mostrar...

Ali á a fegura
da Virgen santa e pura,
fremosa sobre mesura,
posta sobelo altar.
De muitas guysas mostrar...

Ant' ela está un pano
colgado todo o ano,
que poo nen outro dano
nona possa afolar.
De muitas guysas mostrar...

Mas sesta feira ergendo
se vai e aparecendo
a omagen, e correndo
a van todos aorar.
De muitas guysas mostrar...

E diz una outr': «Aqué o
angeo que ven do ceo,
que alça aquele veo
e faz no aire parar.»
De muitas guysas mostrar...

Tod' essa noit' e o dia
de sabado romaria
ven y e gran crerezia
pera as oras cantar.
De muitas guysas mostrar...

E pois veen descoberta
a omagen, grand' oferta
dan y, est' é cousa certa;
demais fillan-ss' a chorar
De muitas guysas mostrar...

Todos muy de voontade,
pois veen a Magestade,
loand' a gran piedade
da Virgen que non á par.
De muitas guysas mostrar...

Poi-lo sabad' acabado
é, o angeo privado
á log' o pano deitado
como x' ante sol estar
De muitas guysas mostrar...

Ant' a omagen. E isto
é cada sabado visto
por prazer de Jeso-Cristo,
que se quer sa Madr' onrrar.
De muitas guysas mostrar...