Cantigas de Santa Maria/CDVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDVI


Esta primeira é das Mayas.

Ben vennas, Mayo, e con alegria;
poren roguemos a Santa Maria
que a seu Fillo rogue todavia
que el nos guarde d' err' e de folia.
Ben vennas, Mayo.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo con toda saude,
por que roguemos a de gran vertude
que a Deus rogue que nos senpr' ajude
contra o dem' e dessi nos escude.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, e con lealdade,
por que roguemos a de gran bondade
que senpre aja de nos piadade
e que nos guarde de toda maldade,
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con muitas requezas;
e nos roguemos a que á nobrezas
en ssi mui grandes, que nos de tristezas
guard' e de coitas e ar d'avolezas.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, coberto de fruitas;
e nos roguemos a que senpre duitas
á sas merçes de fazer en muitas,
que nos defenda do dem' e sas luitas.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con bõos sabores;
e nos roguemos e demos loores
aa que senpre por nos pecadores
rog' a Deus, que nos guarde de doores.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con vacas e touros;
e nos roguemos a que nos tesouros
de Jeso-Cristo é, que aos mouros
çedo cofonda, e brancos e louros.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, alegr' e sen sanna;
e nos roguemos a quen nos gaanna
ben de seu Fillo, que nos dé tamanna
força, que sayan os mouros d'Espanna.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con muitos gãados;
e nos roguemos a que os pecados
faz que nos sejan de Deus perdõados,
que de seu Fillo nos faça privados.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con bõo verão;
e nos roguemos a Virgen de chão
que nos defenda d'ome mui vilão
e d'atrevud' e de torp' alvardão.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con pan e con vo;
e nos roguemos a que Deus mino
troux' en seus braços, que nos dé camo
por que sejamos con ela festinno.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, manss' e non sannudo;
e nos roguemos a que noss' escudo
é, que nos guarde de louc' atrevudo
e d' om' ayo e desconnoçudo.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, alegr' e fremoso;
porend' a Madre do Rey grorioso
roguemos que nos guarde do nojoso
om' e de falsso e de mentiroso.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.

Ben vennas, Mayo, con bõos manjares;
e nos roguemos en nossos cantares
a Santa Virgen, ant' os seus altares,
que nos defenda de grandes pesares.
Ben vennas, Mayo, e con alegria.