Cantigas de Santa Maria/CDVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDVII


Esta .XIIª. é como Santa Maria fez veer ao ome que cegara porque se comendara ao
demo.

Como o demo cofonder,
nos quer acorrer Santa Maria e
valer e del defender.

Dest' un miragre vos contarei que vi
escrit' en livro, e dizia assi
com' oyredes adeante per mi,
que foi a Virgen fazer
Como o demo cofonder...

E[n] un cativo d'ome que foi errar
porque do pee en ha pedra dar
foi e doeu-sse; [e] poren braadar
começou e descreer:
Como o demo cofonder...

«Aquesta pedra o demo a ficcou
aqui por mi que mi meu pee britou;
e pois que pode tan muit', a el mi dou
e non quer' en Deus creer.»
Como o demo cofonder...

Aquesto disse con gran sanna mortal;
e log' ali o prendeu un tan gran mal,
que come tolleito se parou, atal
que cuidou log' a morrer.
Como o demo cofonder...

E demais la vista dos ollos perdeu,
e o poder do corpo si ll' ar tolleu,
e con mui gran coita en terra caeu
que se non pod' end' erger.
Como o demo cofonder...

Mas seus parentes o fillaron dali
e o levaron a sa casa, e y
o deitaron en un leito e assi
leixárono y jazer.
Como o demo cofonder...

E pidindo por Deus jouv' y gran sazon,
chorand' e rogando-lle de coraçon
que dos seus erros podess' aver perdon
e que lle foss' en prazer.
Como o demo cofonder...

Mas pois, na festa en que Deus resurgiu,
dos madodos a canpãa oyu
e ha dona cabo ssi estar viu,
e começou-ll' a dizer:
Como o demo cofonder...

«Porque sofriste teu mal e ta door
en paz, porende praz a Nostro Sennor
que cedo sães e recebas sabor
per que possas ben viver.
Como o demo cofonder...

E crei ora esto que ti dig' eu:
fas que te leven tost' ant' o altar meu;
e pois y fores, saud' o corpo teu
logo poderá aver.»
Como o demo cofonder...

Respos el: «Esto farei logo de pran.»
E feze-ss' enton levar y manaman,
e tornou são, pela do bon talan,
a de que Deus quis nacer.
Como o demo cofonder...