Cantigas de Santa Maria/CDVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDVIII


Esta é como Santa Maria sãou o escudeiro a que deron a saetada polo costado.

De spirital cilurgia
ben obra Santa Maria.

Ca non vos obra con ervas, nen con raizes nen frores,
nen con especias outras, macar x' an bõos odores;
mas val aos peccadores
con vertude que en si á.
De spirital celorgia...

[D]est' avo un miragre que mostrou ha vegada
en Salas, u mostra muitos, esta ben-aventurada
dun que gran[de] saetada
recebeu en Lonbardia.
De spirital celorgia...

Este de que vos eu falo era fidalg' escudeyro,
e foi en ha fazenda bõo, ardid' e ligeyro;
mas foi per un baesteiro
mui mal chagad' aquel dia.
De sperital celorgia...

Ca lle falssou os costados a saeta que de forte
baesta fora tirada; e colleu tal desconorte,
que ben cuidou prender morte,
que al y non averia.
De sperital celorgia...

Porend' a Santa Maria s' ouve log acomendado,
e tiraron-ll' a saeta ben pelo outro costado;
des i o logar sarrado
foi que ren non parecia.
De spirital celorgia...

E desto Santa Maria de Salas quantos estavan
no logar, que o miragre viron, muito a loavan,
e a aquel conssellavan
que foss' y en romaria.
De spirital celorgia...