Cantigas de Santa Maria/CDX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDX


Prologo das cantigas das cinco festas de Santa Maria.

Quem Santa Maria servir,
non pode no seu ben falir.

E porque eu gran sabor ey
de a servir, servi-la-ey,
e quanto poder punnarey
d'os seus miragres descobrir.
Quem Santa Maria servir...

Pero direi ant' en bon son
das sas çinque festas, que son
mui nobres, e direi razon
que praza a quena oyr.
Quem Santa Maria servir...

Santa Egreja ordin[n]ou
çinque festas, porque achou
çinque letras no nome sou,
como vos quero depa[r]tir.
Quem Santa Maria servir...

A primeira, que M é,
mostra de com' a nossa ffe,
naçcend' ela, naçeu e sé
y firm' a queno comedir.
Quem Santa Maria servir...

A mostra a saudaçion
d' Ave que Gabriel enton
lle disse que fillo baron,
Deus e om', iria parir.
Quem Santa Maria servir...

R mostra como reynou
ontr' as virges, u amou
sa virgidad' e guardou.
por toda bondade comprir.
Quem Santa Maria servir...

I, indo de ben en mellor
foi offreçer o Salvador,
seu Fill', a Deus con gran sabor
de fazer-nos a çeo ir.
Quem Santa Maria servir...

A ar mostrou carreira tal
u desta vida temporal
sobiu aa celestial
por nos fazer alá sobir.
Quem Santa Maria servir...