Cantigas de Santa Maria/CDXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXI


Esta é a primeyra, da nacença de Santa Maria, que cae no mes de setembro; e começa
assi:

Beyto foi o dia e benaventurada
a ora que a Virgen Madre de Deus, foi nada.

E daquesta naçença falou muit' Ysaýa,
e prophetando disse que arvor sayria
ben de rayz de Jesse, e que tal fror faria
que do Sant' Espirito de Deus fosse morada.
Beyto foi o dia e benaventurada...

Outros prophetas muitos daquesto profetaron,
e os Evangelistas desta Sennor falaron
com' era de gran guisa, e dos Reys ar contaron
do linag' onde viynna esta Sennor onrrada.
Beyto foi o dia e benaventurada...

Mas pero de seu padre, que Joachin chamado
foi, e sa madre Anna, direi-vos seu estado:
quanto no mund' ouveron partiron per recado
que de quanto avian non lles ficava nada.
Beyto foi o dia e benaventurada...

Ca Joachin e Anna tal acordo preseron,
que fezeron tres partes de quant' aver ouveron;
a ha pera pobres, a outra reteveron
pera ssi, a terçeyra ao templ' era dada.
Beyto foi o dia e benaventurada...

Enquant' esta companna santa assi obrava,
Deus toda-las sas cousas dous tant' acreçentava;
mais non lles dava fillo, por que coitad' andava
muit' end' ele; mas ela era en mais coitada,
Beyto foi o dia e benaventurada...

Porque os rezõavan por malditos as gentes.
E poren fillou ele offertas e presentes
que levass' ao templo con outros seus parentes;
mas Ruben e Symeon vedaron-ll' a entrada,
Beito foi o dia e benaventurada...

Que lle disseron logo: «D' aqui entrar es quito,
Joachin; poren vay-te, pois de Deus es maldito,
que te non quis dar fillo, ca assi é escrito;
porend' entrar non deves en casa tan sagrada.»
Beito foi o dia e benaventurada...

El ouve dest' enbargo e vergonna tamanna,
que non foi a ssa casa, neno viu sa companna;
mais fillou seus gãados e foi-ss' aa montanna,
assi que por gran tenpo non fez ali tornada.
Beito foi o dia e benaventurada...

Anna, quando viu esto, ouvo tan gran despeito
que con coita chorando se deitou en seu leito
e de grado morrera; mas non ll'ouve proveito,
ca Deus pera gran cousa xa tiinna guardada.
Beito foi o dia e benaventurada...

E ali u jazia gemend' e sospirando
e sa desaventura a Deus muit' ementando
de que era sen fillos de Joachin, chorando,
quis Deus que do seu angeo foss' ela confortada.
Beito foi o dia e benaventurada...

E disse-lle: «Non temas, Anna, ca Deus oyda
a ta oraçon ouve; e poren sen falida
de teu marido filla averás, que comprida
será de todos bes mais d'outra e preçada.»
Beito foi o dia e benaventurada...

E pois ll' est' ouve dito, foi-ss' o angeo logo
a Joachin, que era metudo no meogo
das grandes montannas, e disse-l[l]': «Eu te rogo
que tornes a ta casa logo sen alongada.
Beito foi o dia e benaventurada...

El, cuidando que era ome, respos-ll' atanto:
«Com' irei a mia terra u reçebi quebranto
grand' entre meus vezinnos, que eu, palo Deus santo,
quisera que a testa me foss' ante tallada?
Beito foi o dia e benaventurada...

Ca à porta do templo disseron-mi os porteiros,
pois non avia fillos como meus conpanneiros,
non entraria dentro, nen aves nen cordeiros
nen ren de mia offerta non seria fillada.
Beito foi o dia e benaventurada...

E por esta vergonna e por este dosto
fogi a esta terra, e ei ja assi posto
que nunca atá torne; e eno mes d'agosto
averá ben seis meses que fiz aqui estada
Beito foi o dia e benaventurada...

Entr' aquestas montannas, que é terra esquiva,
con estes meus gãados; ca mais me val que viva
en logar apartado, que vida mui cativa
fazer entre mias gentes, vergonnos' e viltada.»
Beito foi o dia e benaventurada...

O angeo lle disse: «Eu soon mandadeiro
a ti de Deus do çeo por te fazer certeiro
que de ta moller Anna averás tal erdeiro
e toda a terra será enlumada.
Beito foi o dia e benaventurada...

E se esto que digo tes por maravilla,
certãaamente cree que te dará Deus filla,
que o que perdeu Eva per ssa gran pecadilla
cobrar-ss-á per aquesta, que será avogada
Beito foi o dia e benaventurada...

Entre Deus e as gentes que foren pecadores.
Poren vay-te ta via e leixa teus pastores
que guarden teus gãados; ca muito son mayores
de Deus as sas merçees ca ren que foss' osmada.»
Beito foi o dia e benaventurada...

Quanto Joachin esto oyu, log' esmorido
caeu e jouv' en terra fora de seu sentido,
ates que o angeo foi dali partido,
que seus omens o foron erger sen detardada
Beito foi o dia e benaventurada...

E que lle preguntaron logo o que ouvera,
que tal peça en terra esmorido jouvera.
E el contou-lles quant' o angeo lle dissera;
e eles lle disseron: «De vos ir é guisada
Beito foi o dia e benaventurada...

Cousa, e non passedes de Deus seu mandamento,
e id' a vossa casa logo sen tardamento;
ca se o non fezerdes, quiçay por escarmento
vos dará Deus tal morte que será mui sõada.»
Beito foi o dia e benaventurada...

Tanto ll'esto mostraron e per tantas razões,
que lles respos chorando: «Pois que vos praz, varões,
farei vosso consello; mais, por Deus, compannões,
guardade-mi os gãados en aquesta mallada.»
Beito foi o dia e benaventurada...

E pois lles esto disse, meteu-ss' aa carreira
por s'ir pera sa casa veer sa compan[n]eyra,
que o beyto angeo fezera [ja] certeira
que Joachin verria pela porta dourada,
Beito foi o dia e benaventurada...

E que a el saysse reçebe-lo aginna;
ca Deus enas sas coitas porria meezinna
e lle daria filla dele tal que Reynna
seria deste mundo e dos çeos chamada.
Beito foi o dia e benaventurada...

Quand' aquest' oyu Anna, que jazia gemendo
e sospirand', ergeu-sse e foi alá correndo,
e levou seus parentes sigo, com' eu aprendo,
ben como se ouvess' a casar outra vegada.
Beito foi o dia e benaventurada...

E pois viu seu marido, obridou seus pesares
e con muitas saudes e muitos abraçares
o acolleu mui leda, e pois muitos manjares
lle guisou, e sa casa muy ben encortynnada,
Beito foi o dia e benaventurada...

Na qual aquela noite, est' é cousa sabuda,
foi na beita Anna, a Virgen conçebuda,
a que pelos prophetas nos fora prometuda
ante que esto fosse mui gran sazon passada.
Beito foi o dia e benaventurada...

E logo que foi viva no corpo de sa madre,
foi quita do pecado que Adan, nosso padre,
fezera per consello daquel que, pero ladre
por nos levar consigo, a porta ll' é serrada
Beito foi o dia e benaventurada...

Do inferno. Ca esta lle pos a serradura
e abriu parayso, que per malaventura
serrou nossa madr' Eva, que con mui gran loucura
comeu daquela fruita que Deus ll'ouve vedada.
Beito foi o dia e benaventurada...