Cantigas de Santa Maria/CDXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXIII


Esta terceira é da virgidade de Santa Maria, e esta festa é no mes de dezenbro, e
feze-a Sant' Alifonsso; e começa assi:

Tod' aqueste mund' a loar deveria
a virgidade de Santa Maria.

Ca ela foi virgen ena voontade,
e foi-o na carne con tan gran bondade,
por que Deus do ceo con sa deidade
en ela pres carne que el non avia,
Tod' aqueste mund' a loar deveria...

Ond' ela foi prenne. Mas como x'ant' era
ficou virgen, que foi maravilla fera;
ca tant' ouve door com[o] ant' ouvera
que ouvesse fillo. Queno cuidaria
Tod' aqueste mund' a loar deveria...

Que aquestas cousas de su juntadas
fossen e en corpo de moller achadas,
que ouvess' as tetas de leit' avondadas
e pariss', e fosse virgen todavia?
Tod' aqueste mund' a loar deveria...

Mas aquesta Virgen amou Deus atanto
que a enprennou do Espirito Santo,
sen prender end' ela dano nen espanto;
e ben semella de Deus tal drudaria.
Tod' aqueste mund' a loar deveria...

E desto vos mostro prova verdadeira
do sol quando fer dentro ena vidreira,
que pero a passa, en nulla maneira
non fica britada de como siya.
Tod' aqueste mund' a loar deveria...

Que macar o vidro do sol filla lume,
nulla ren a luz do vidro non consume;
outrossi foi esto que contra costume
foi madre e virgen, ca Deus xo queria.
Tod' aqueste mund' a loar deveria...