Cantigas de Santa Maria/CDXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXIV


Esta quarta é da tridade de Santa Maria.

Como Deus é comprida Tridade
sen enader nen minguar de ssi nada,
éste, cousa çerta e mui provada,
tres pessoas e a Deidade.
Segund' esto quero mostrar razon
per que sábian quantos no mundo son
de como foi virgen Santa Maria
en tres guisas da virgidade.

Ca ela foi virgen na voontade
e ena carn' ante que fosse dada
a Joseph, con que foi esposada,
e foi virgen tendo castidade,
e ar foy-o en aquela sazon
que foi prenn' e pariu fillo baron,
e ficou virgen como xe soya;
e assi foron tres en unidade.

E porend', amigos, mentes parade
e veredes obra muit' ordin[n]ada
de como Deus buscou carne sagrada
en que nos mostrasse humanidade
comprida de todo ben, e d'al non,
con que podesse poys soffrer paxon
e morrer, e viver a terçer dia
e destruir o dem' e sa maldade.

E macar é Sennor, quis ygualdade
con sa Madre, a benaventurada;
ca seendo sa filla e criada,
non catou grandeza nen quantidade
de ssi a ela, mais fillou fayçon
d'ome na carne dela, e enton
foi fillo da que el criad' avia,
e da filla fez madr', est' é verdade.

E tant' ouv' ela en si omildade
que dos çeos, u era sa morada,
o fez deçer na sa santivigada
carne comprida de toda bondade,
en que el pose tan gran beçion
e deu sa graça e dema[i]s tal don,
que quantos o dem' enfermar fazia
reçebes[s]en per ela sãydade.

Poren lle roguemos por piadade
que rog' a Deus, de que ficou prennada
quando foi do angeo saudada,
que nos guarde de toda tempestade
que nos non nuza, e ar d'ocajon
e do demo cho de trahyçion,
que nos non enarte con arlotia
que nos enarta, e con falsidade.