Cantigas de Santa Maria/CDXX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXX


Esta decima é no dia aa proçession, como as proçessiões do çeo reçeberon a Santa
Maria quando sobiu aos çeos.

Beyta es, Maria, Filla, Madr' e criada
de Deus, teu Padr' e Fillo, est' é cousa provada.
Beyta foi a ora en que tu gerada
fuste e a ta alma de Deus santivigada,
e beyto, [o dia] en que pois fuste nada
e d'Adam o peccado quita e perdõada,
e beytos los panos u fust' envurullada
e outrossi a teta que ouviste mamada,
e beyta a agua en que fuste bannada
e a santa vianda de que fust' avondada,
e beyta a fala que ouviste falada
e outrossi a letra de que fust' ensinada.

E beyta a casa u feziste morada
e outrossi o tenpro u fuste presentada,
e beyta a seda que ouviste fiada
e outrossi a obra que end' ouv[i]ste obrada,
e beyta u fuste con Joseph esposada,
non que tigo casasse, mas que fos[s]es guardada;
e beyta a ora u fuste saudada
pelo angeo santo, e ar de Deus pren[n]ada,
e beyta a culpa de que fust' acusada,
onde ficaste quita e santa e salvada,
e beyta a ta carne en que jouv' enserrada
a de teu fillo Christo e feita e formada.

E beyta u fust[e] a Beleem chegada
e por parir teu Fillo ena cova entrada,
beyta u pariste om' e Deus sen tardada,
sen door que ouvesses del, nen fosses coitada,
e beyta a tua virgidade sagrada
que ficou como x'era ant' e non foi danada;
beyta a ta leite onde foi governada
a carne de teu Fillo e creçud' e uviada,
beytas las tas mãos con que foi faagada
a ssa pes[s]õa santa e benaventurada,
beyta foi a vida que pois con el usada
ouviste, macar fuste mui pobr' e lazerada.

E beyta, beyta, u ouvist' acabada
a vida deste mundo e del fuste passada,
e beyta u vo a ti a ta pousada
teu Fillo Jhesu-Christo, e per el foi tomada
a ta alma beyta e do corpo tirada,
que a San Miguel ouve tan tost' acomendada;
beyta a conpanna que t' ouv' aconpan[n]ada,
d'angeos mui fremosos preçis[s]on ordada,
e beyta a outra d'archangeos onrrada
que te reçeber vo, de que fuste loada,
e beyta a oste que Tronos é chamada
e Dominationes, que te foi enviada.

Beyta u ouviste en sobind, encontrada
Princepes, Podestades deles grand' az parada,
beyta u Cherubin e Seraphin achada
t'ouveron, ca tan toste deles fust' aorada,
e beyta u fuste das vertudes çercada
dos çeos, e per eles a ta loor cantada;
beyta u teu Fillo vo apressurada-
ment' a ti muit, agyn[n]a con toda sa masnada,
beyta u el disse aos santos: «Leixada
logo seja mia Madr[e] a mi, ca ven cansada.»
Beyta u t' el ouve dos braços abraçada,
e tu con piedade sobr' el fuste acostada.

Beyta u os santos en mui gran voz alçada
disseron: «Ben vennades, Sennor mui desejada.»
Beyta u teu Fillo a Deus t'ouve mostrada
dizendo: «Padr', aquesta madre m'ouviste dada.»
Beyta u Deus quis[o] que ta carne juntada
fosse cona ta alma e per el corõada.
Beyta es por esto, amiga e amada
de Deus e ar dos santos, e nossa avogada.
E porende, Beyta, te rog, eu aficada-
ment[e] que a ta graça me seja outorgada,
por que a ta merçee beita mui grãada
aja en este mundo, e me dés por soldada

Que quando a mi' alma daqui fezer jornada,
que a porta do çeo non lle seja vedada.