Cantigas de Santa Maria/CDXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXIX


Esta .IX. é da vigilia de Santa Maria d'Agosto, como ela passou deste mundo e foi
levada ao çeo.

Des quando Deus sa Madre aos çeos levou,
de nos levar consigo carreira nos mostrou.

Ca pois levou aquela que nos deu por sennor
e el fillou por madre, mostrou-nos que amor
muy grande nos avia, non podia mayor,
ca pera o seu reyno logo nos convidou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Mais como passou ela deste mundo contar
vos quer', e en qual guisa a vo Deus levar
consigo ao çeo, u a foi corõar
por Reyn[n]a dos santos, tan muito a onrrou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Assi foi que o dia que Deus morte prendeu,
a ssa beyta Madre viu quanto padeçeu
na cruz por nos; e logo tal pesar reçebeu
que a fillou quartãa, que nunca en sãou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E depois morou sempre dentr' en Jerusalem,
e non vinna a ela enfermo que logu' en
são se non partisse; mais a ela per ren
non leixou. a quartãa ates que finou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Mas no templ' u estava a comprida de ffe,
un angeo lle disse: «Madre de Deus, ave:
o teu Fillo te manda dizer que ja temp' é
que leixes este mundo mao u t'e[1] leixou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E un ramo de palma lle deu log' en sinal
que dend' a tercer dia, non averia al,
que verria por ela o Rey espirital,
seu Fillo Jhesu-Christo, que en ela encarnou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Disso-ll' a Santa Virgen: «Sennor, e qual nom' ás?»
O angeo respos-lle: «Esto non saberás,
ca meu nom' é mui grande; mas çedo veerás
os apostolos tigo, que Deus vir mandou
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Por onrrar-t' en ta morte.» E foi-sse logu' enton
o angeo. E ela foi fazer oraçon
ben a Mont' Olivete, u aquela sazon
morava, e tan toste en seu banno entrou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E vestiu os mellores panos que pod' aver,
e San Johan fez logo chamar, e a dizer
lle começou seu feito de como a veer
o angeo vera que lle Deus enviou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E disse-lle chorando: Nenbre-te, San Johan,
de com' en ta comenda o do mui bon talan
me leixou, o meu Fillo; poren guardar de pran
me deves en mia morte, pois te mi acomendou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E com' eu ei oydo, estes maos judeus,
que mataron meu Fillo como falsos encreus,
meaçan de queimaren a carn' e estes meus
ossos, pois for passada; un deles mio contou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Enquant' eles en esto falavan entre ssi,
has nuves mui craras adusseron log' y
os Apostolos onze; e non vo ali
Santo Thomas con eles, ca chegar non oviou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E logo que chegaron, com' a escritura diz,
os reçebeu mui leda a Sant' Anperadriz
e disso-lles: «Amigos, este dia fiiz
foi que Deus vos adusse aqui e vos juntou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E pois juntados sodes, esto vos rogarei
que vigiedes migo; ca eu de certo sei
que cras en aquel dia deste mundo m'irei,
ca un angeo santo comig' esto falou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Eles, quand' est' oyron, choraron log' assaz;
pois disseron: «Faremos, Sennor, o que vos praz.
E rezaron seus psalmos com' ena lee jaz,
e ela en seu leito ant' eles se deitou.
Des quando Deus sa Madre aos çes levou...

Outro dia San Pedro a voz de Deus oyu
que lles diss: «Aqui sõo vosqu'. «E logo sentiu
tod' aquela companna mui bon odor e viu
claridade que todo o log' enlumeou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Mais a ora da sesta, direi-vo-lo que fez
Deus, que foi Padr' e Fillo desta Virgen de prez:
vio levar-ll' a alma, que el ja outra vez
lle metera no corpo u a santivigou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E disso a San Pedro: «Direi-ch' o que farás:
pois mia Madr' é finada, non esperes a cras,
mas enterra seu corpo no Val de Josaphas,
en atal sepultura com' ela t'ensinou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Esto foi en agosto, en meyante do mes,
que Jhesu-Christ' a alma de sua Madre pres;
e o corpo San Pedro fillou con set' e tres
Apostolos e en Josafas lo enterrou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E pois la enterraron en sepulcro mui bel,
foron-ss' aa cidade; mais logo San Miguel
levou o corpo dela con outro gran tropel
d'angeo que veeron, e cada un cantou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Eles indo cantando, Santo Thomas sobir
os viu, que Deus fezera ena nuve vir;
e viu Santa Maria entr' eles todos yr,
e por saber quem era, logo lles preguntou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E ela respondeu-lle: «Tomas, amigo meu,
a mia alma meu Fillo levou, ben ti dig' eu,
e meu corp' ora levan pera o reyno seu
estes angeos santos, e con eles me vou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E San Tomas lle disse: «Sennor, mui m' é mester,
por que creudo seja desto, se vos prouguer,
que algun sinal aja, que quando o disser
que eu amostrar possa.» E ela lle lançou
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

A cinta que çingia, que vos non foi don vil,
ant' era mui ben feita e d'obra mui sotil.
E el deu end' a ela poren loores mil,
e sa cinta na mão, aa vila chegou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Os onze, poi-lo viron, disseron: «Tol-t' alá,
e que te Deus non ama gran mostra ch' en feit' á,
que non viste sa Madre morrer, nen fust' acá
u a nos soterramos; tanto te despreçou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Santo Thomas chorando respondeu-lles adur:
«Dized' u a metestes; mais sei eu que nenllur
achar nona podedes quant' o Breton Artur,
ca eu a vi na nuve sobir, e me chamou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

E por que me creades esta çinta me quis
dar, e que de seu feito sejades todos fis;
que eu vi o seu corpo mui mais branco ca lis
ir sobind' aos çeos, e mui pouc' y tardou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Enton disse San Pedro: «Tenno que será prol
d'irmos provar aquesto que nos diz este fol;
e se non for verdade, ha folla de col
non demos mais por ele, ca sempr' este dultou.
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

Enton foron dizendo: «Mentira nos aduz.»
E cataron a fossa daquela que na cruz
viu morrer o seu Fillo; mais pero, se non luz,
nulla ren non acharon. E muito se sinou
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...

San Pedr[o], e os outros todos a ha voz
en terra se deitaron, pedindo per Ayoz
perdon a Santo Thomas; e diss' el: «Ha noz
non daria por esto, pois con verdad' estou.»
Des quando Deus sa Madre aos çeos levou...