Cantigas de Santa Maria/CDXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXVIII


Os sete dões que dá
Deus, a sa Madr' os deu ja.

E daquestes sete dões vos quer' ora departir
como os deu a sa Madre, por que quantos lo oyr
foren punnen en servi-la e se guarden de falir,
por que sa merçee ajam; ca beyt' é quena á.
Os sete dões que dá...

O primeyro destes sete dões é pera saber
todo ben compridamente, por fazer a Deus prazer;
aqueste Santa Maria ouv' en si, por que prender
vo Deus en ela carne, con que nos pois julgará.
Os sete dões que dá...

D'entendemento mui grande, este o segundo é;
aqueste Santa Maria ouv' en si, per bõa ffe,
por que fez dela sa Madre Deus, e cabo dele ssé
nos çeos, onde sa graça envia a nos acá.
Os sete dões que dá...

O terceyro de consello ést', e con mui gran razon
o ouve Santa Maria; porque quantas ora son
molleres nen foron ante non ouveron beycion
de Deus com' aquesta ouve, nen outra non averá.
Os sete dões que dá...

O quarto é fortaleza; e aquesta ouv' en ssi
tan grande, per que o demo perdeu seu poder dali
u Deus en ela pres carne e foi ome, ca des i
foi britad' e mal apreso, e ja mais non cobrará.
Os sete dões que dá...

O quinto don é çiente, que ouve grand' e bon sen
a Virgen Santa Maria, que a fez responder ben
quando ll' o angeo disse que do que todo mantem
seria Madr', e diss' ela: Por serva m[e] achará.»
Os sete dões que dá...

O sesto don piadade é que ouv' e á de pran
a quantos nas grandes coitas a chamam e chamarán;
e poren Santa Maria os peccadores la an
ante Deus por avogada, e por sempr' assi será.
Os sete dões que dá...

O septimo destes dões é aver de Deus temor;
aquest' ouv a Groriosa, pero sempre con amor;
e por aquesto foi ela Madre de Nostro Sennor
Jhesu-Christo, Deus e ome, que por sempre regnará.
Os sete dões que dá...

Onde por aquestes sete dões lle devemos dar
loores e ar rogar-lle que nos faça perdõar
a seu Fillo os pecados, e que nos guarde d'errar,
de guisa que no seu regno vivamos con el alá.
Os sete dões que dá...