Cantigas de Santa Maria/CDXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXVII


Esta .VII. é como Santa Maria levou seu fillo ao templo e o offereçeu a San Symeon; e
esta festa é no mes de febreyro.

Nobre don e muy preçado foi Santa Maria dar
a Deus quando ll' o seu Fillo foi no templo presentar.

Quem viu nunca tam preçada cousa nen tam rico don
como deu Santa Maria no templ' a San Symeon
quando lle deu Jhesu-Christo, seu Fill', en offereçon,
que fillou el nos seus braços ledo sobelo altar?
Nobre don e mui preçado foi Santa Maria dar...

Esto fez a Santa Virgen, pois que o tempo compriu,
que foron quaranta dias des que seu Fillo pariu,
e poren segund' a lee no templo o offeriu
con duas tortores mansas e de paonbas un par.
Nobre don e mui preçado foi Santa Maria dar...

Symeon, aquel sant' ome a que o foi offerer,
sempr' a Deus esto pidia que ante que a morrer
ouvesse, que lle leixasse el o seu Fillo veer,
que a enviar avia pera [o] mundo salvar.
Nobre don e mui preçado foi Santa Maria dar...

Logo que viu o menynno, enos braços o fillou,
e beijando-lle os pees, con alegria chorou
dizendo: «Pois este vejo, Deus, que viver-me leixou
trões aqui, ben me pode des oy mais en paz levar.
Nobre don e mui preçado foi Santa Maria dar...

Pois que veen os meus ollos a ti, que es Salvador
daqueles que t'asperamos e d'Irrael guardador,
e que Deus comprid' e ome es e do mundo Sennor,
te rogo que me non queiras oi mais no mundo leixar.
Nobre don e mui preçado foi Santa Maria dar...