Cantigas de Santa Maria/CDXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXXVI


Esta quarta é como Nostro Sennor subiu aos çeos ante seus dicipolos.

Subiu ao ceo o Fillo de Deus
por dar Parays' aos amigos seus.

Subiu ao ceo, onde quis deçer
en terra por nos e da Virgen nacer,
e depois paixon e morte quis prender
mui forte na cruz per mão dos judeus.
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Onde foi assi que en Jerussalen
teve sa gran festa, como Sennor ten,
con sa conmpanna; e pois comeron ben,
trouxe-os mui mal porque eran encreus;
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Porque non quiseron creer nen oyr
os que o viran de morte resurgir.
Porend' ant' eles aos ceos subir
quis, segundo conta Marcos e Mateos.
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Mas ante les disse: «Ide preegar
o meu Evangeo per cada logar,
e quantos creveren e se batiçar
quiseren de grado, logo serán meus.
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Os que non creveren, perdudos serán;
mai-los outros os diabres deitarán
dos omes e lenguages falarán
mais que aqueles que albergan romeus,
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Nen lles nuzirá se beveren poçon,
e guarrán de todo mal e de lijon
aos enfermos.» E aqueste sermon
fez en Mont' Olivete ant' os ebreus.
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Pois est' ouve dito, nas nuves subiu,
e a gent' aos ceos subi-lo viu,
que a voz dos angeos logo oyu
que lles diss' assi: «Varões galileus,
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...

Ena maneira que o veedes dacá
subir ao ceo, ben assi verrá
joyga-lo mund' e os mortos fará
resurgir, que non creen os fariseus.»
Subiu ao ceo o Fillo de Deus...