Cantigas de Santa Maria/CDXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXXVII


Esta quinta é como Nostro Sennor enviou o seu Santi Sp[i]rito sobre los seus
dicipolos.

Todo-los bes que nos Deus
quis fazer polo Fillo seu,
nos conpriu quando aos seus
o seu Sant' Espirito deu
que prometeu.

Ca per el o sabemos connoçer,
e connoçendo, amar e temer,
e demais dá-nos grand' esforço de prender
morte por el, nenbrando-nos de com' el por nos morreu.
Todo-los bes que nos Deus...

E porende vos quer' ora dizer
com' este Spirito fezo deçer
Deus sobre los seus dicipolos, que seer
de ssu fez, por que cada un gran sen del reçebeu.
Todo-los bes que nos Deus...

Muitas vezes lles fora prometer
Deus que per seu Espirito saber
lles faria todas [las] cousas entender
mellor que nunca sage en todo o mund' aprendeu.
Todo-los bes que nos Deus...

E porend' os dicipolos meter
se foran de su e atender
en ha casa por aquel don reçeber;
e estand' ali, direi-vos eu o que lles conteçeu:
Todo-los bes que nos Deus...

A terça começou. muit' a tremer
a terra, e son come de caer
o ayre fez; e enton viron deçender
linguas de fogo sobre ssi, que os todos ençendeu
Todo-los bes que nos Deus...

De Spirito. E dali sen lezer
se sayron sen ren se deter,
e pela vila se fillaron a correr;
e dizian por eles: «Aquesta gent' enssandeçeu;
Todo-los bes que nos Deus...

Ca sabemos que non saben leer
nen ar ouveron tenpo d' aprender,
e falan todos lenguages, e responder
saben mellor a toda ren que aquel que mais lecu.
Todo-los bes que nos Deus...

E por esto non devemos creer
que o vo lles faz esto fazer,
mai-la vertude daquel Deus que á poder
de fazer que os lenguages entendan, que cofondeu
Todo-los bes que nos Deus...

En Babilonna, u foron erger
a torre que podessen atanger
ben so aos ceos; mas foi-lles Deus toller
os lenguages, assi que un a outro non entendeu.»
Todo-los bes que nos Deus...

E dali adeante sen temer
souberon preegar e retraer
os dicipolos e as gentes converter
a Jesu-Crist', e cada un deles muitos converteu.
Todo-los bes que nos Deus...

E muitas coitas ar foron soffrer
por el e ençima morte padecer;
e en tal guysa quisNostro Sennor vençer
o demo pelos seus, e aqueste mundo conquereu.
Todo-los bes que nos Deus

E nos roguemos a que gran prazer
viu de seu Fillo quando a põer
foi enos çeos a par de ssi, que aver
nos faça del o Sant' Espirito, pois dela naçeu.
Todo-los bes que nos Deus...