Cantigas de Santa Maria/CI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CI


Como Santa Maria guareceu o que era sordo e mudo.

Ben pod' a Sennor sen par
fazer oyr e falar.

Com' ha vegada fez
a un mud' a de bon prez
e sordo, que da vez
o foi de todo sãar.
Ben pod' a Sennor sen par...

Este fora a Seixon
rogar Deus no coraçon,
ca pela boca ja non
llo podia el mostrar,
Ben pod' a Sennor sen par...

Senon por sinas fazer
con sas mãos, e gemer
ant' a Virgen, que valer
lle quisess' e ajudar
Ben pod' a Sennor sen par...

Per que podesse oyr
e falasse sen falir.
E por aquesto partir
non se quis d' ant' o altar,
Ben pod' a Sennor sen par...

Trões que a gran Sennor
que Madr' é do Salvador
lle mostrou tan grand' amor,
como vos quero contar,
Ben pod' a Sennor sen par...

Que logo ll' apareceu,
e con sas mãos tangeu
ll' o rostr' e o guareceu
e foi-ll' a lingua soltar.
Ben pod' a Sennor sen par...

E as orellas ll' abriu,
assi que tan tost' oyu,
e o sangui lle sayu
da lingu' e delas a par,
Ben pod' a Sennor sen par...

Assi que log' enton deu
loores, com' aprix eu,
aa Virgen, e por seu
ficou en aquel logar.
Ben pod' a Sennor sen par