Cantigas de Santa Maria/CII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CII


Como Santa Maria livrou un crerigo que os ladrões deitaran en un poço.

Sempr' aos seus val,
e de mal todavia
guarda-os sen al
a mui Santa Sennor.

Desto contarei de grado
un gran miragre provado
que fez por un ordado
crerig' a dos santos Fror.
Sempr' aos seus val...

Este era todavia
mui dad' a Santa Maria
e quant' ele mais podia
punnava en ssa loor.
Sempr' aos seus val...

Onde fora dun camo
ya este pastorynno,
e encontrou un meno
que lle disse: «Muy mellor,
Sempr' aos seus val...

Vos guiarei, se quiserdes
ir migo e mi algo derdes;
e se vos esto fezerdes,
sol non ajades pavor
Sempr' aos seus val...

Que vos mal façan ladrões
nen outros maos peões.»
E el fillou pepiões
e deu-ll' end' a seu sabor.
Sempr' aos seus val...

E pois que llos ouve dados,
levó-o per seus pecados
u estavan ajuntados
ladrões, o traedor,
Sempr' aos seus val...

Que o logo mal chagaron
e todo o debullaron
e en un algar deitaron
que non avia peor
Sempr' aos seus val...

En niun logar, e fondo
era muit' e non redondo,
mais avya y avondo
de muita maa cheiror.
Sempr' aos seus val...

El assi juso caendo,
«Santa Maria» dizendo
ya, que o acorrendo
foi logu' e del guardador
Sempr' aos seus val...

Que non caesse ben juso,
como é de caer uso,
mas en [un] logar escuso
de costa, u morador
Sempr' aos seus val...

Foi aquela noit'. E tantos
deitaron pos el de cantos,
ond' ouve muitos espantos.
Mais ben sõo sabedor
Sempr' aos seus val...

De com' en non foi ferido,
mais, en com' eu ei oydo,
contra a luz deu apelido,
chamand' a do Salvador
Sempr' aos seus val...

Madre; e eles fugiron,
mais ant' o foyo cobriron.
E pastores lo oyron,
que ali en derredor
Sempr' aos seus val...

Eran en esse deserto;
e poi-lo foyo aberto
ouveron, viron de certo
jazer aquel pecador.
Sempr' aos seus val...

E logo cordas preseron
que lle deitadas ouveron,
e assi o en trouxeron,
mais chagad' e sen coor.
Sempr' aos seus val...

E pois lles ouve contada
a verdad' e demostrada,
foi deles poren loada
muit' a dos santos mayor.
Sempr'aos seus val...