Cantigas de Santa Maria/CIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CIV


Como Santa Maria fez aa moller que queria fazer amadoiras a seu amigo con el corpo de
Jhesu-Cristo e que o tragia na touca, que lle corresse sangui da cabeça ata que o
tirou ende.

Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer,
como quen ao seu Fillo Deus coida escarnecer.

E o que o fazer coida, creed' aquesto por mi,
que aquel escarno todo á de tornar sobre si.
E daquest' un gran miragre vos direi, que eu oý
que fezo Santa Maria; oyde-mio a lezer:
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

Aquesto foi en Galiza non á y mui gran sazon,
que ha ssa barragãa ouve un escudeiron;
e por quanto s' el casara, tan gran pesar ouv' enton,
que con gran coita ouvera o siso end' a perder.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

E con gran pesar que ouve foi seu consello buscar
enas outras sas vezas, e atal llo foron dar:
que sol que ela podesse ha ostia furtar
das da eigreja, que logo o poderia aver,
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

Pois que lle tal ben queria. E ela toste, sen al,
foi-sse a ha eigreja da Virgen espirital,
que nas nossas grandes coitas nos guarda senpre de mal,
e diss' enton que queria logo comoyon prender.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

E o crerigo sen arte de a comungar coidou;
mai-la ostia na boca aquesta moller guardou,
que per neha maneira nona trociu nen passou,
e punnou quanto mais pode de sse dali log' erger.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

Pois que sayu da eigreja, os dedos enton meteu
ena boca e tan toste tirou-a end' e odeu
a ostia ena touca; e nada non atendeu,
ante se foi muit' agynna por provar est' e veer
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

Se lle disseran verdade ou se lle foran mentir
aquelas que lle disseran que lle farian vir
log' a ela seu amigo e ja mais nunca partir
dela se ja poderia, e de con ela viver.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

E entrant' a ha vila que dizen Caldas de Rey,
ond' aquesta moller era, per com' end' eu apres' ey,
avo en mui gran cousa que vos ora contarey;
ca lle viron pelas toucas sangue vermello correr.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

E a gent' enton dizia, quando aquel sangue viu:
«Di, moller, que foi aquesto, ou quen te tan mal feriu?»
E ela maravillada foi tanto que est' oyu,
assi que nunca lles soube niha ren responder.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

E pos a mão nas toucas, e sentiu e viu mui ben
que era sangue caente, e disso assi poren:
«A mi non me feriu outre senon queno mundo ten
en seu poder, por grand' erro que me ll' eu fui merecer».
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

Enton contou-lles o feito, tremendo con gran pavor,
todo como ll' avera; e deron poren loor
todos a Santa Maria, Madre de Nostro Sennor,
e a seu Fillo beyto, chorando con gran prazer.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...

A moller se tornou log[o] à eigreja outra vez,
e deitou-ss' ant' a omagen e disse: «Sennor de prez,
non cates a meu pecado que mi o demo fazer fez.»
E log' a un mõesteiro se tornou monja meter.
Nunca ja pod' aa Virgen ome tal pesar fazer...